Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Resultado dos exercicios da fase de oposición ao proceso selectivo do programa InserAmes-Brión 2014-2015 e proposta de contratación dos aspirantes seleccionados

[27-08-2014] O Concello de Ames informa do resultado dos exercicios da fase de oposición ao proceso selectivo para a provisión de dous/dúas técnicos/as medios de inserción laboral/prospección de empresas para o desenvolvemento das accións do programa integrado para o emprego "InserAmes-Brión VII 2014/2015". Neste aviso tamén se dá conta dos aspirantes seleccionados. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.

Decreto final coa bolsa de agarda de mestras para as escolas infantís municipais do concello de Ames

[31-07-2014] O departamento de persoal do Concello de Ames fai público o decreto final coa bolsa de agarda de mestras para as escolas infantís municipais do concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito decreto.

Corrección de erros no decreto definitivo do proceso de creación dunha lista de agarda de conserxes

[19-03-2014] O Concello de Ames publica unha correción de erros no decreto definitivo do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de conserxes. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a devandita corrección de erros.

Resolución final do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de conserxes

[03-03-2014] O Concello de Ames publica a resolución final do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de conserxes. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a devandita resolución.

Convocatoria de subvencións para a promoción de festexos populares celebrados no exercicio 2012

[25-09-2012] O Concello de Ames comunícalle a todos os veciños e veciñas que se aprobaron as bases que regulan a convocatoria de axudas para a promoción de festexos populares celebrados no exercicio 2012. A Administración local aportará un total de 29.600 euros para este fin co obxectivo de prestar apoio económico ás asociacións culturais existentes no Concello de Ames, legalmente constituídas, e que figuren inscritas no rexistro municipal de asociacións, sempre e cando os datos da inscrición estean debidamente actualizados ao momento de solicitar a achega.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925