Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Decreto coa contratación de seis vixiantes para as piscinas municipais descubertas

[09-06-2016] O departamento de Persoal fai público o decreto coa contratación de seis vixiantes para as instalacións das piscinas municipais descubertas do Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar dito documento.

Resultado final do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as piscinas municipais

[08-06-2016] O departamento de Persoal fai público o resultado final do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as instalacións das piscinas municipais no Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar dito documento.

Convenio subvencionador asinado entre o Concello de ames e a Asociación de Comerciantes de Bertamiráns para o desenvolvemento da XII Feira do Comercio Val da Maía

[07-06-2016] O Concello de Ames informa do convenio asinado o pasado 7 de xuño de 2016 entre a Administración local e a Asociación de Comerciantes de Bertamiráns para o desenvolvemento durante os días 10, 11 e 12 de xuño da XII Feira do Comercio Val da Maía. A través deste convenio o Concello de Ames realizou unha achega económica de 3.053,68 euros para o desenvolvemento desta iniciativa. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o devandito convenio.

Resultado da fase de oposición do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as piscinas municipais

[07-06-2016] O departamento de Persoal fai público o resultado da fase de oposición do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as instalacións das piscinas municipais no Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o resultado da fase de oposición.

Resultado da fase de baremación do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as piscinas municipais

[31-05-2016] O departamento de Persoal fai público o resultado da fase de baremación do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as instalacións das piscinas municipais no Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o resultado da fase de baremación.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925