Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Proceso de creación dunha bolsa de traballo de educadoras/asistentes infantís para as escolas infantís de Ames

[26-03-2015] O Concello de Ames, acaba de convocar un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de educadoras/asistentes infantís para a cobertura temporal deste tipo de postos nas escolas infantís municipais de primeiro ciclo, O Bosque e A Madalena. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello durante os dez días hábiles seguintes á publicación do anuncio nun dos diarios de maior tirada da comarca, no taboleiro de edictos e na web do Concello. O prazo comeza a contar dende hoxe xoves 26 de marzo. O modelo de solicitude, o temario, o impreso de declaración xurada, e o contido íntegro das bases, poderán acadarse e consultarse polos/as interesados/as na oficina do Servizo de Recursos Humanos do Concello de Ames e premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas.

Convocatoria de axudas para a promoción do comercio local de Ames

[02-12-2014] O Concello de Ames aprobou as bases da convocatoria de subvencións para a promoción do comercio local a comezos do pasado mes de novembro. O importe total das axudas acada os 25.000 euros. Esta achega municipal busca apoiar o comercio local, centrándose na promoción comercial, así como na dotación de infraestruturas e equipamentos para as asociacións de empresarios e comerciantes. As bases desta convocatoria de axudas xa saíron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o pasado 28 de novembro. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 29 de decembro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e os impresos de solicitude destas axudas.

Listaxe definitiva dos mestres de oficio para o obradoiro de emprego “Entre Ríos”

[04-09-2014] O Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica e Traballo, informa da lista definitiva de mestres de oficio para o obradoiro de emprego “Entre Ríos”. Trátase dun programa de emprego e formación, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar, e promovido polo Concello de Ames, en colaboración co concello de Brión. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a devandita lista definitiva.

Resultado dos exercicios da fase de oposición ao proceso selectivo do programa InserAmes-Brión 2014-2015 e proposta de contratación dos aspirantes seleccionados

[27-08-2014] O Concello de Ames informa do resultado dos exercicios da fase de oposición ao proceso selectivo para a provisión de dous/dúas técnicos/as medios de inserción laboral/prospección de empresas para o desenvolvemento das accións do programa integrado para o emprego "InserAmes-Brión VII 2014/2015". Neste aviso tamén se dá conta dos aspirantes seleccionados. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.

Decreto final coa bolsa de agarda de mestras para as escolas infantís municipais do concello de Ames

[31-07-2014] O departamento de persoal do Concello de Ames fai público o decreto final coa bolsa de agarda de mestras para as escolas infantís municipais do concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito decreto.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925