Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Proceso selectivo de selección e contratación de dous técnicos medios de inserción laboral para o programa InserAmes-Brión VIII

[06-07-2015] O Concello de Ames acaba de convocar un proceso selectivo para a selección e contratación de dous técnicos medios de inserción laboral/prospección de empresas no ámbito do desenvolvemento das accións do programa integrado para o emprego "Inserames-Brión VIII 2015/2016". O prazo de presentación de solicitudes vai dende o día 7 ata o 11 de xullo (5 días hábiles). O modelo de solicitude, o impreso de declaración xurada e o contido íntegro das bases, poderán acadarse e consultarse polos/as interesados/as na oficina do Servizo de Recursos Humanos do Concello de Ames e premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas.

Resolución de Alcaldía pola que se aproba a bolsa de traballo de asesores xurídicos de urbanismo

[03-07-2015] O Concello de Ames informa de que a través do decreto 1046/2015 apróbase a creación dunha bolsa de traballo de asesores/as xurídicos/as para o departamento de urbanismo do Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o devandito decreto.

Proceso de selección e contratación de cinco peóns e un xefe de brigada para a formación dunha brigada de incendios forestais

[02-07-2015] O Concello de Ames acaba de convocar un proceso de selección e contratación de cinco peóns e un xefe de brigada para a formación dunha brigada de incendios forestais. O prazo para a presentación de solicitudes é de 5 días hábiles e empeza a contar a partires do día seguinte a súa publicación, é dicir, finaliza o vindeiro 8 de xullo. O modelo de solicitude, o impreso de declaración xurada e o contido íntegro das bases, poderán acadarse e consultarse polos/as interesados/as na oficina do Servizo de Recursos Humanos do Concello de Ames e premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas. Aquí tamén podes descargar os mapas do temario deste proceso selectivo.

Resultado final do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de asesores xurídicos de urbanismo

[01-07-2015] O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas co resultado final do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de asesores/as xurídicos/as do departamento de urbanismo do Concello de Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar estas listas.

Listas definitivas de admitidos e excluídos no proceso selectivo de educadores/asistentes infantís

[25-06-2015] O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas definitivas de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de educadores/asistentes para as escolas infantís do Concello, actualmente O Bosque e A Madalena. Neste anuncio tamén se indica a data do inicio da baremación, que terá lugar o vindeiro 30 de xuño de 2015, ás 09:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar estas listas.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925