Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de axudantes técnicos de biblioteca

[13-08-2015] O Concello de Ames acaba de convocar un proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de axudantes técnicos de biblioteca destinada ás bibliotecas municipais deste Concello. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 20 de agosto (inclusive). O anuncio da convocatoria, as bases, o modelo de solicitude, a declaración xurada e o temario específico das bibliotecas municipais de Ames, así como a dirección dalgunhas páxinas web de interese, poderán acadarse e consultarse polos/as interesados/as na oficina do Servizo de Recursos Humanos do Concello de Ames e premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas.

Modificación na orde de lectura do exercicio da fase de oposición do proceso de selección de dous técnicos para o programa InserAmes-Brión VIII

[11-08-2015] O Concello de Ames informa da modificación na orde de lectura do exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a provisión, polo procedemento de urxencia, con carácter temporal e a tempo completo de dous postos de persoal laboral na categoría de técnico medio de inserción laboral/prospección de empresas, no ámbito do desenvolvemento das accións do programa integrado para o emprego “InserAmes-Brión VIII 2015/2016. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a devandita modificación.

Resultado da fase de baremación do proceso de selección e contratación de dous técnicos medios de inserción laboral para o programa InserAmes-Brión VIII

[10-08-2015] O Concello de Ames informa de que xa está exposto o resultado da fase de baremación do proceso de selección e contratación de dous técnicos medios de inserción laboral/prospección de empresas no ámbito do desenvolvemento das accións do programa integrado para o emprego "Inserames-Brión VIII 2015/2016". As persoas que desexen presentar algún tipo de reclamación á puntuación outorgada teñen de prazo ata o 12 de agosto (incluído). Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o devandito resultado.

Lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso de selección e contratación de dous técnicos medios de inserción laboral para o programa InserAmes-Brión VIII

[05-08-2015] O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas definitivas de admitidos e excluídos do proceso de selección e contratación de dous técnicos medios de inserción laboral/prospección de empresas no ámbito do desenvolvemento das accións do programa integrado para o emprego "Inserames-Brión VIII 2015/2016". Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a devandita lista.

Decreto polo que se resolve a contratación de cinco peóns e un xefe de brigada para a formación dunha brigada de incendios forestais

[23-07-2015] O Concello de Ames informa do decreto de Alcaldía 1113/2015, de 22 de xullo, polo que se resolve a contratación de cinco peóns e un xefe de brigada para a formación dunha brigada de prevención e extinción de incendios forestais do Concello de Ames (verán de 2015). Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o devandito decreto.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925