Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Listaxe provisional do resultado da fase de baremación do proceso selectivo para a selección dunha/dun xefa de brigada de incendios do concello de Ames

[07-07-2017] O departamento de Persoal fai pública a listaxe provisional co resultado da fase de baremación do proceso selectivo para a selección dunha/dun xefa de brigada de incendios e extinción do concello de Ames, verán 2017. O prazo para a presentación de reclamacións ao resultado da fase debaremación remata o 11 de de xullo de 2017.

Listaxe provisional do resultado da fase de baremación do proceso selectivo para a selección de catro peóns de incendios do concello de Ames

[07-07-2017] O departamento de Persoal fai pública a listaxe provisional do resultado da fase de baremación do proceso selectivo para a selección de catro peóns de incendios e extinción de incendios do concello de Ames, verán 2017. O prazo para a presentación de reclamacións ao resultado da fase debaremación remata o 11 de de xullo de 2017.

Decreto de aprobación da lista definitiva de admitidos e excluídos para os postos de peóns e xefe de brigada da brigada de incendios do Concello de Ames, verán 2017.

[05-07-2017] A realización da baremación correspondente á fase de concurso, terá lugar o vindeiro 7 de xullo ás 09:00 horas nas dependencias da Casa do Concello para o proceso de peóns e ás 10:30 horas para o proceso de xefe de brigada; onde deberá persoarse só o Tribunal para dito finÁ realización do exame correspondente ao primeiro exercicio da fase de oposición para os postos de peóns terá lugar o vindeiro día 10 de xullo de 2017 ás 11:00 horas no Centro de Formación de Aldea Nova, sito na Rúa Costaneira, 2 – Aldea Nova (Ames). Os aspirantes ao posto de peón deberán persoarse, provistos do DNI e un bolígrafo, as 10:45 horas para o seu chamamentoÁ realización do exame correspondente ao primeiro exercicio da fase de oposición para o posto de xefe de brigada terá lugar o vindeiro día 10 de xullo de 2017 ás 12:15 horas no Centro de Formación de Aldea Nova, sito na Rúa Costaneira, 2 – Aldea Nova (Ames). Os aspirantes ao posto de xefe de brigada deberán persoarse, provistos do DNI e un bolígrafo, as 12.00 horas para o seu chamamento.

Proceso selectivo para o nomeamento como funcionario/a interino/a dun/dunha técnico/técnica de Secretaría

[28-06-2017] O departamento de Persoal fai públicas as bases e máis o modelo de solicitude da convocatoria para o nomeamento como funcionario/a interino/a ata a cobertura de vacante, dun/dunha técnico/a de Secretaría pertencente á escala de Administración Xeral, subescala técnica, de clase superior, subgrupo A1. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles a partir do día seguinte á publicación no BOP. O prazo de presentación de instancias remata o vindeiro 19 de xullo de 2017. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a convocatoria, o impreso de solicitude e o modelo de declaración xurada.

Lista provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a creación dunha brigada de prevención e extinción de incendios forestais (verán 2017)

[28-06-2017] O departamento de Persoal fai pública a lista provisional de aspirantes aos postos de xefe de brigada e peóns, declarando admitidos e excluídos aos aspirantes que figuran no anexo II desta resolución. No prazo de tres días hábiles os/as interesados/as poden proceder a subsanación das súas solicitudes e/ou á presentación das reclamacións que estimen oportunas. Dito prazo remata o luns 3 de xullo de 2017. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar a devandita lista.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925