Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Convocatorias


Convocatorias

Neste apartado podes consultar os prazos e requirimentos para solicitar axudas e subvencións, coñecer as convocatorias de emprego público e os concursos e subastas de licitacións públicas do Concello de Ames. Para poder visualizar as convocatorias tes que navegar polas categorías do teu interese.


Anuncio co resultado da baremación dos méritos achegados polas aspirantes presentados ao proceso selectivo para o nomeamento dun/dunha técnico/a do ciclo integral da agua

[12-02-2018] O departamento de persoal fai público o anuncio co resultado da baremación dos méritos achegados polas aspirantes presentados ao proceso selectivo para o nomeamento dun/dunha técnico/a do ciclo integral da agua. O prazo de reclamacións contra o devandito resultado da baremación será ata o día 20 de febreiro de 2018. O primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 28 de febreiro. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.

Anuncio do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de persoal de cociña do Concello de Ames

[05-02-2018] O departamento de Persoal fai público o anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de persoal de cociña do Concello de Ames. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro día 20 de febreiro de 2018. Premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio publicado no BOP, o modelo de solicitude e mailo modelo de declaración xurada.

Anuncio da listaxe definitiva de aspirantes, da designación do tribunal e da data da sesión de baremación para o proceso selectivo dunha/dun técnica/o do ciclo integral da auga

[02-02-2018] O departamento de Persoal achega, para a súa publicación, a listaxe definitiva de aspirantes, a composición do tribunal e a fixación da data da sesión de constitución do tribunal e de baremación de méritos, da fase de oposición do proceso selectivo, para a selección e nomeamento dunha/dun técnica/o do ciclo integral da auga.

Anuncio da proposta do Tribunal co resultado final do proceso selectivo "InserAmes-Brión X"

[18-01-2018] O departamento de Persoal achega, para a súa publicación, o anuncio da proposta do Tribunal co resultado final do proceso selectivo, para a selección e contratación do persoal necesario para o "InserAmes-Brión X".

Resultado da fase de oposición do proceso selectivo para a selección e contratación do persoal necesario para o programa “InserAmes-Brión X”

[16-01-2018] O departamento de Persoal publica o resultado da fase de oposición do proceso selectivo para a selección e contratación do persoal necesario para o programa integrado para o emprego do Concello de Ames e Brión "InserAmes Brión X". Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925