Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda Teatro infantil: A...


Teatro infantil: A compañía Galitoon representa “Güela-Güela”

Dende o 17-02-2017 ao 17-02-2017

As 18:00 horas

Este venres, 17 de febreiro, continúa a programación teatral no concello de Ames. A Casa da Cultura do Milladoiro acolle, ás 18:00 horas, o espectáculo da compañía Galitoon "Güela-Güela". As entradas para estas obras de teatro xa están á venda na Billeteira electrónica. Tamén se poden mercar as entradas, de xeito anticipado e presencial, nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns, dirixíndose aos postos de conserxería e coa axuda dos técnicos do departamento de Cultura, de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 horas. Ademais, resérvase o 10% das entradas para vender de xeito presencial unha hora antes do comezo do espectáculo.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925