Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda O espectáculo...


O espectáculo de danza "Gaia" chega á Casa da Cultura do Milladoiro

Dende o 09-11-2018 ao 09-11-2018

Ás 18.00 horas

Gaia é un espectáculo onde a voz e a danza nos achegan coñecementos dende unha óptica visual e imaxinativa. É unha historia en movementos na que a pintura, a música e o audiovisual nos axudan a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e dos seus tesouros naturais.

Este espectáculo, que se representa na Casa da Cultura do Milladoiro, está dirixido a todos os membros da familia, e supón un encontro didáctico co que entender a importancia da interacción entre as persoas e o medio ambiente.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925