Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda I Feira Artesanal na...


I Feira Artesanal na Praza do Concello de Bertamiráns

Dende o 28-12-2018 ao 02-01-2019

A Asociación de Empresarios de Bertamiráns (AEB) organiza, coa colaboración do Concello de Ames, a súa I Feira Artesanal. A iniciativa realizarase do 28 de decembro ao 2 de xaneiro na praza do Concello de Bertamiráns, e contará coa participación de catorce artesás especializados en diversas modalidades, que mostrarán o seu traballo aos asistentes.

Así, entre os diversos postos que se instalarán nesta feira, os visitantes poderán encontrar produtos de bixutería, complementos, cremas artesanais, sacos térmicos, ambientadores, xoguetes de madeira, lámpadas de cera e pirogravados, ademais de diversas obras elaboradas en madeira e vidro. Asemade, os máis larpeiros tamén poderán gozar de postos con embutidos, queixos, sidra asturiana ou chocolate e bombóns, entre outros produtos de alimentación.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925