Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Axenda Anatomía dunha...


Anatomía dunha serea chega ao Milladoiro

Dende o 22-03-2019 ao 22-03-2019

Ás 21.00 horas

O 22 de marzo, ás 21.00h, chega a representación de Anatomía dunha serea, do grupo Chévere, á Casa da Cultura do Milladoiro. Esta peza autobiográfica, contada pola súa protagonista, Iria Pinheiro, é unha denuncia da violencia obstétrica que sufriu a actriz durante o parto do seu primeiro fillo, contado de xeito directo, aberto e autocrítico.

Así, Iria explica en que consiste este tipo de violencia, que abarca calquera acción que patoloxice os procesos reprodutivos naturais e biolóxicos, e que se traduce nun trato deshumanizado por parte dos profesionais da saúde durante o embarazo e/ou o parto. Un berro sobre a medicalización da maternidade, a desigualdade de xénero e outros moitos temas que a protagonista e moitas outras mulleres viviron en primeira persoa, e que deixaron secuelas tanto físicas como psicolóxicas.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925