Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Noticias

O Pleno debaterá a aprobación do convenio de colaboración nos traballos de delimitación do Camiño a Santiago da ría Muros-Noia

[22-10-2018] Este xoves, 25 de outubro, celebrarase o pleno ordinario correspondente ao mes de outubro no que a Corporación municipal debaterá a aprobación do convenio de colaboración nos traballos de delimitación do Camiño a Santiago da ría de Muros-Noia; a resolución de alegacións e aprobación definitiva da ordenanza para a protección dos camiños e vías públicas municipais; a adhesión á Asociación de entidades locais pola lingua galega; a modificación do regulamento da rede municipal de comedores escolares, Bos Días Cole e Tardes divertidas; a aprobación do Plan normativo municipal; a aprobación do texto refundido do regulamento de bolsas de traballo do Concello de Ames e do texto refundido do Regulamento Orgánico Municipal (ROM); e unha proposta do goberno municipal a prol da regularización da educación social.

O Concello de Ames dota de estufas de pellets aos locais sociais de Trasmonte e Biduído

[22-10-2018] O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, solicitou unha subvención para a subministración de estufas de pellets para os locais sociais de Trasmonte e Biduído. Dita axuda foi concedida para a realización de proxectos de enerxías renovables, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020. Neste proxecto investíronse 12.714,46 euros, dos cales 7.705,45 euros, foron concedidos a través de ditas axudas, mentres que a Administración local puxo o importe restante, 5.009,01 euros.

Lolo Penas e Edymar Brea gañan a proba absoluta da XIX Carreira Pedestre Popular Concello de Ames

[22-10-2018] Máis de 1.400 persoas participaron este mañá na décimo novena edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames. Na proba absoluta participaron uns 560 deportistas, mentres que na proba escolar correron arredor de 870 rapaces e rapazas. Na proba absoluta impuxéronse Lolo Penas e Edymar Brea cun tempo de 31:28 e 36:18 respectivamente. A carreira pedestre disputouse nun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, que discorreu pola contorna de Bertamiráns. Esta proba está incluída no VI Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña. A saída e a chegada estiveron instaladas na rúa Alcalde Lorenzo, ao carón da praza do Concello.

Ver más noticias


Ames Radio
Reproducir conWinampQuickTimeWindows Media PlayerReal Player

 

Jornadas de Igualdad y Prevención de la Violencia de Género. Ames 2014


Ver más


más del Ayuntamiento

Administración electrónica

Administración electrónica

Os contribuíntes teñen a posibilidade de utilización da Oficina Virtual Tributaria.
Leer, jugar, disfrutar

Leer, jugar, disfrutar

Nuestras bibliotecas son espacios de cultura y de entretenimeiento con programas de actividades durante todo el año.
Somos solidarios

Somos solidarios

La Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) te ofrece un sinfín de iniciativas solidarias en las que tú también puedes participar.
Mucho que ver

Mucho que ver

Patrimonio, historia, paisaje, rutas, alojamientos... Todo lo que necesitas para preparar tu visita a nuestro ayuntamiento.

Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925