Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Novas

O Concello de Ames e Acción contra a Fame renovan un ano máis o programa de axuda á creación de negocios

[19-02-2019] Esta mañá o alcalde de Ames, José Miñones, e maila xestora de programas de Inclusión Sociolaboral en Galicia e Asturias, Susana Quintas, asinaron a renovación do convenio subscrito en 2017 entre o Concello e maila organización Acción contra a Fame. Dita sinatura supón a renovación do programa Vives Emprende, que asesora, forma e facilita o acceso a financiamento a persoas desempregadas ou con emprego precario que desexen emprender, especialmente a mulleres. Durante o 2018, un total de 70 persoas recibiron o apoio de Vives Emprende, das cales 42 foron veciñas e veciños de Ames. Delas, 8 amesás xa teñen en marcha o seu negocio.

Ames realiza unha campaña de educación ambiental en relación á reciclaxe do aceite doméstico

[19-02-2019] A Concellaría de Medio Ambiente está realizando unha campaña de educación ambiental en relación á reciclaxe do aceite doméstico, que consiste nunha serie de charlas que está impartindo o persoal da empresa Compostela Inserta, contratada polo Concello de Ames, nos CEIP de Barouta, Agro do Muíño, e A Maía. Nestas charlas explícaselle ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria a importancia de separar o lixo en orixe, así como a reciclaxe do aceite doméstico. Para iso entregáselle un embude a cada un dos nenos/as, para facilitar a reciclaxe nos fogares, e un mapa coa distribución dos colectores de aceite que existen no termo municipal.

A EEI do Milladoiro e o CEIP A Maía celebran o Día de Rosalía compartindo versos da autora

[19-02-2019] O alumnado da EEI do Milladoiro e infantil do CEIP A Maía conmemoran o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con diversas iniciativas nas que compartirán coa comunidade a obra da autora. Así, ao longo destas semanas mediante os proxectos “Rosalía tamén vive aquí” e “Rosalía na terriña”, están a colocar carteis e laxas de pizarra con distintos versos da poetisa, co obxectivo de deleitar a todos e todas as viandantes que se atopen con estes anaquiños de literatura.

Ver máis novas


Ames Radio
Reproducir conWinampQuickTimeWindows Media PlayerReal Player

 


Máis do Concello

Administración electrónica

Administración electrónica

Os contribuíntes teñen a posibilidade de utilización da Oficina Virtual Tributaria.
Ler, xogar, gozar

Ler, xogar, gozar

As nosas bibliotecas son espazos de cultura e entretemento con programas de actividades durante todo o ano.
Somos solidarios

Somos solidarios

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) ofréceche unha chea de iniciativas solidarias nas que ti tamén podes participar.
Moito que ver

Moito que ver

Patrimonio, paisaxe, rutas, aloxamentos... Todo que precisas para preparares a túa visita ao noso territorio.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925