Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio O Concello Concellarías Concellaría de...


Concellaría de Participación e Atención Veciñal e Promoción Económica

Concelleira responsable: María Isabel González Cancela

Comprende as áreas de Promoción do emprego, Desenvolvemento Rural, Emprendemento,Turismo e Voluntariado.


Nada no Concello de Zas no ano 1969, reside na localidade do Milladoiro desde hai máis de 20 anos.

Isabel González foi auxiliar administrativa durante case 10 anos no Padroado Romaría Internacional (composto por 22 Concellos e a Xunta de Galicia), no que coordinaba as relacións entre as distintas administracións públicas, trasladaba acordos, facía o seguimento dos mesmos, recibía e atendía ás diferentes delegacións culturais e artísticas, así como a loxística necesaria (escenarios, vestiario, transporte, roldas de prensa...).

Entre o 2003 e o 2011, foi a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade deste concello; cargo no que onde ademais do trato directo cos veciños e usuarios dos servizos municipais, actuou como mediadora dirixindo ás veciñas e veciños aos profesionais do Concello para que fosen atendidos debidamente. Neste cargo tamén coordinou as tarefas diarias da concellaría, así como a organización de cursos, xornadas, xuntanzas con colectivos...

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925