Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Descúbrenos Historia Idade Media


Idade Media

Desde o século IX a Amaía aparece documentada como xurisdición e no século XII identificaba xa un arciprestádego dependente de Compostela. Nos séculos finais da Idade Media comarca foi escenario dunha dura desputa entre a mitra compostelana e a liñaxe dos Moscoso ao tempo que se afianzaban as rutas xacobeas polas terras de Ames.

Ponte Vella Desde as torres de Altamira, no veciño concello de Brión, os Moscoso quixeron facer valer o seu dominio sobre as terras amienses ao que se opuso o arcebispado de Compostela. Sabedor da ameaza que supuña a fortaleza de Altamira, o arcebispo Fonseca ordenou o derrubamento das torres para o que organizou un importante exército que, ao mando do seu irmán Luís de Acevedo, atacou as posesión dos Moscoso. As hostes de Acevedo foron esmagadoramente derrotadas en 1455 e o arcebispo Fonseca foi preso e encerrado dous anos nas mazmorras de Altamira até o pagamento do seu rescate. Para celebrar a súa vitoria Lope Sánchez de Ulloa e Moscoso se concedeu o título de conde de Altamira. Finalmente, o preito resolveuse favorablemente para os intereses da Mitra compostelana que en 1554 recuperou a xurisdición da Amaía polo que o conde de Altamira houbo de darlle ao arcebispo unha egua domada en sinal de aceptación do seu dominio.

Durante a Idade Media afianzarase o Camiño Real a Fisterra, sobre o trazado dunha vía romana secundaria, vinculando a Ames ao movemento relixiosos das peregrinacións e baixo o coidado da Mitra Compostelá construirase no século XIV a ponte de Pontemaceira, posiblemente utilizando os alicerces dunha antiga ponte romana, para garantir o paso do río Tambre polos romeiros.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925