Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Libro de visitas


Libro de visitas

Este libro de visitas é un espazo aberto á participación de cidadáns de todo o mundo. Podes escribir a túa mensaxe sobre o Concello de Ames ou sobre a súa web, atendendo ás normas habituais de cortesía e respecto democrático. Aquelas mensaxes ofensivas, racistas, xenófobas, que fagan apoloxía ou incitación á violencia, de actividades ilegais ou que atenten contra os principios da convivencia democrática e da dignidade humana non serán publicadas.

Comentarios


gustame, mais...
Noraboa pola paxina pareceme que esta ben diseñada mais gustariame q se puidesen facer xestions municipais a traves dela e tamen q tivese mais imaxes do concello para que a xente que non e daqui ou que esta fora poidan ver mais o noso concello gracias

toño (milladoiro) 13-06-2006


Un Saudo desde Madrid
Quero saudar dende aqui ó meu concello, pois nel sego empadroada dende fai 20 anos,a pesar dunha longa estadía en Madrid, da que teño o convencemento de que volverei, e con a volta seguirei a percorrer as suas rutas en bicicleta ou a pé, mentras tanto sego a sua evolución a traves dos xornais.
Agora esta nova paxina permitime coñecer mais de cerca o que acontece no concello, e ver como vai prosperando e como se vai modernizando de forma sostible, sabendo que a miña volta atoparei un concello mais activo socialmente, mais cercano o cidadá, con menos caciquismo (espero), no que os seus cidadans teña cubertas a maior parte das suas necesidades dentro de concello(educación, sanidade,ocio....).
A paxina e esteticamente impecable,en comparación a outras de toda, españa,que adoito visitar por razones de traballo, non podo poñer pega algunha,so eperar que co tempo,serva de canal para facer todo tipo de tramites e xestións, e que detras desta paxina excelente un equipo
Maria Pedreira (Madrid) 14-05-2006


Felicidades
Moitas felicidades pola paxina web.É moi bonito saber da túa terra pero deben correxir algúns dos nomes ,xa que están mal escritos como .augapasada, é Augapesada .Tan só quixera decir que me gustaría ver máis fotografías.Moitas gracias.ATTE. Silvia.
Silvia Lopez Tojo (Mexico) 28-04-2006


FELICIDADES
ESTOU FACENDO UN TRABALLO PARA A FACULTADE DE PEDAGOXÍA SOBRE O CONCELLO DE AMES A TRAVÉS DESTA PÁXINA WEB E A VERDADE E QUE NON PODO CONTEMPLAR NO TRABALLO NINGUNHA CRÍTICA NEGATIVA
INMA (SANTIAGO DE COMPOSTELA) 29-03-2006


ben pero mellorable
esteticamente a páxina está moi ben.
funcionalmente tamén, pero segue faltando planos dos pobos, de Milladoiro e de Bertamirans. Deberíanse publicar sobre planos os proxectos do concellos en materia social (parques, espacios de lecer, futuros centros de saude e outros similares)
lupi (Milladoiro) 15-02-2006

Formulario Libro de visitas


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925