Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Relaciónate Libro de visitas


Libro de visitas

Este libro de visitas é un espazo aberto á participación de cidadáns de todo o mundo. Podes escribir a túa mensaxe sobre o Concello de Ames ou sobre a súa web, atendendo ás normas habituais de cortesía e respecto democrático. Aquelas mensaxes ofensivas, racistas, xenófobas, que fagan apoloxía ou incitación á violencia, de actividades ilegais ou que atenten contra os principios da convivencia democrática e da dignidade humana non serán publicadas.

Comentarios


Doble enhorabuena por la web
Por fin un espacio internet útil para Ames. Unas páginas que demuestran un interés por la comunicación con los vecinos y evidencian un trabajo técnico muy bueno.
P.C.R. (Ames) 13-09-2005


NORABOA!
Son unha nova veciña de Ames e estou moi orgullosa de ver a paxina que facedes polo chula que é e polo uso que faremos dela.

Noraboa e bó outono !
eva (bertamiráns) 13-09-2005


Parabens
E unha ledicia ver dunha vez unha páxina do Concello, seguide traballando nela e que sepades que sempre hai que vos lea.

Un saudo
Xesús (betamirans) 09-09-2005


Lista de correo
Sumome a noraboa de toda a xente que ten asinado neste libro. Pareceme unha Web estéticamente moi boa, moi funcional e con moita ifnormación. So vos daria dous consellos.
1) Procurade manter a información actualizada. Xa sei que é difícil!
2) UN complemento ideal sería unha lista de correo para distribuir as novedades.

Xosé Antón Vila
Xosé Antón Vila (Milladoiro) 07-09-2005


Noraboa
Noraboa. Xa era hora!
Como inicio fenomenal, especialmente boa a consulta dos fondos das bibliotecas. Pero a web ten que ser algo máis que un escaparate noutras seccións; así co tempo esperemos que os veciños podamos facer trámites municipais directamente por este medio sen precisar acudir obrigatoriamente ás oficinas municipais.
Bótase en falta a posibilidade de descargar ou consultar un bo mapa municipal. A maioría dos habitantes somos de fora e non coñecemos ben o concello nin as súas parroquias.
Cristobo (O MIlladoiro) 30-08-2005

Formulario Libro de visitas


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925