Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames digital Noticias A asociación...


A asociación de sendeirismo Rutas a Pie organiza este xoves unha charla informativa sobre o seguro federativo

[10-01-2018] A asociación de sendeirismo Rutas a Pie comeza o ano 2018 cunha charla coloquio acerca da licencia e do seguro federativo, da man de Alejandro López. O obxectivo desta actividade, que conta coa colaboración do Concello de Ames, é informar sobre a necesidade de dispor dun seguro cando se practica montañismo ou sendeirismo. A charla impartirase este xoves, 11 de xaneiro, no Pazo da Peregrina, ás 19:30 horas. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acollerá, a partir das 19:30 horas desde xoves, unha charla da man do avogado especialista en dereito deportivo e de montaña, Alejandro López. Nela abordaranse os trámites que hai que realizar para federarse, explicando, asemade, as súas implicacións. Do mesmo xeito, tamén se ofrecerá información sobre a licencia, o seguro federativo e as distintas opcións existentes para dispor dun seguro cando se practica sendeirismo ou montañismo.

Unha destas opcións é darse de alta na Federación Galega de Montañismo, o que se pode facer a través dalgún club. A alta leva consigo a cobertura dun seguro para facer este tipo de actividades no medio natural. Outra das opcións é a de dispor dun seguro ocasional só para aquelas actividades nas que as persoas se inscriben a través dun club. Neste caso, é o propio club o que dispón dun seguro de responsabilidade civil e dá de alta as persoas usuarias dunha actividade concreta.

O responsable de impartir a charla, Alejandro López, tamén falará das vantaxes e coberturas do seguro que ofrece a Federación Galega de Montañismo. Ao final da súa intervención, haberá tempo para realizar rogos e preguntas. A charla, que terá unha duración aproximada dunha hora, realizarase este xoves, 11 de xaneiro, no Pazo da Peregrina, ás 19:30 horas. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

Para obter máis información sobre esta actividade, podes poñerte en contacto coa asociación de sendeirismo Rutas a Pie, a través do enderezo de correo electrónico clubrutasapie@gmail.com ou chamando aos números de teléfono 628 287 957 ou 675 680 159.


Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925