Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames digital Noticias A asociación...


A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí organiza unha cea solidaria para sufragar os billetes de avión das crianzas saharauís que veñen a Galicia

[09-02-2018] O Concello de Ames colabora, novamente, co programa Vacacións en Paz da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps), a través do cal as familias do municipio poden acoller, durante os meses de xullo e agosto, nenas e nenos saharauís. Co obxectivo de sufragar os billetes de avión destas cativas e cativos, as familias de acollida dos concellos de Ames, Santiago, Brión e Teo organizan unha cea solidaria para o vindeiro 10 de marzo. A cea desenvolverase no restaurante compostelán Paz Nogueira, a partir das 21:00 horas. O menú adulto terá un prezo de 25 euros e o infantil de 15€. Para asistir pódese contactar con Esther Ybarra, portavoz na zona de Sogaps, chamando ao número de teléfono 609 76 49 45 ou enviando un correo ao enderezo eybarra.sogaps@gmail.com.

As familias de acollida de Ames, Santiago, Brión e Teo organizan anualmente unha cea solidaria que, este ano, acada a súa sétima edición. Os fondos recadados con esta iniciativa destínanse, integramente, ao financiamento dos billetes de avión das nenas e nenos saharauís que veñen a Galicia da man do programa Vacacións en Paz. O obxectivo é que poidan vir o maior número posible de rapazas e rapaces. No verán de 2017, foron 11 as nenas e nenos acollidos por familias amesáns.

A cea deste ano está programa para o vindeiro 10 de marzo. Ademais, tendo en conta o éxito da ambientación da cea anterior, tipo guateque anos 80, este ano a organización decidiu que a temática estará orientada na década dos 60, baixo o lema “make love not war”. Ao evento poderase acudir disfrazado cunha vestimenta propia dos anos 60, aínda que non é obrigatorio. Para asistir á cea pódese contactar con Esther Ybarra, portavoz na zona da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, a través do número de teléfono 609 76 49 45 ou do enderezo de correo electrónico eybarra.sogaps@gmail.com. A cea desenvolverase no restaurante compostelán Paz Nogueira, a partir das 21:00 horas. O menú adulto terá un prezo de 25 euros e o infantil de 15€. 

O Concello como mediador
O Concello de Ames colabora, un ano máis, co programa da Sogaps, Vacacións en Paz, dándolle publicidade, realizando labores de mediación entre as familias e a asociación e xestionando a estadía das nenas e nenos saharauís en Ames. O programa Vacacións en Paz preséntase nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciar unha estadía agradable e humanamente rica ás crianzas saharauís. O programa busca ofrecer ás cativas e cativos, que naceron nun clima de guerra, a posibilidade de coñecer outros xeitos de vida, de maneira que iso contribúa a súa formación. 


Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925