Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames digital Noticias Este xoves, 12 de...


Este xoves, 12 de xullo, haberá unha observación astronómica na praza de Chavián de Bertamiráns

[11-07-2018] O Concello de Ames e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago de Compostela, organizaron para este xoves, 12 de xullo, unha actividade de observación astronómica na praza de Chavián, en Bertamiráns. Esta actividade, que se desenvolverá a partir das 22:45 horas, está dirixida a todos os públicos. Nesta sesión astronómica os participantes poderán observar os planetas Xúpiter e Saturno, así como varias estrelas dobres. Esta actividade enmárcase dentro do programa de divulgación astronómica en Galicia, Todocosmos. Non é necesaria inscrición previa. Será unha sesión aberta a todas as persoas que desexen participar.

Este xoves, 12 de xullo, a partir das 22:45 horas, persoal do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da USC, acudirá a Bertamiráns para realizar unha observación pública na praza de Chavián. A actividade, gratuíta e de libre participación, está enmarcada no programa TODOCOSMOS de divulgación do que participa o Concello de Ames.

As persoas que participen nesta actividade poderán observar estrelas dobres, así como os planetas Xúpiter e Saturno. Farano acompañados por membros do Observatorio da USC, impulsor do programa “A Astronomía ao alcance de todos”. Trátase dunha colaboración entre a universidade e diversos concellos, entre os que se atopa Ames, coa realización de distintas actividades.

O programa de divulgación ofertado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ten coma obxectivo levar a Ciencia Astronómica a toda a sociedade medíante diferentes actividades para todos os segmentos de idade: cursiños, obradoiros, observacións astronómicas, presentacións, etc.

Parte fundamental deste programa constitúeo o proxecto "La Astronomía al alcance de todos: colaboración Universidad-Ayuntamientos-Organismos Públicos y Empresas", que co acrónimo TODOCOSMOS conta con financiación da FECYT para o ano 2018, e no que participan así mesmo os concellos de Allariz, Ames, Barbadás, Boqueixón, Lalín, Noia, Ordes, Oroso, Padrón, Porto do Son, Rianxo, Ribadeo, Sanxenxo, Santiago de Compostela, Teo, Vedra, Vila de Cruces e Vilar de Santos, así como a empresa Óptica Val.

Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925