Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames digital Noticias Iníciase a...


Iníciase a licitación das obras de pavimentación de viarios de Vilouta

[03-10-2018] A Xunta de Goberno Local aprobou o inicio do expediente de contratación, mediante procedemento aberto, das obras de pavimentación de viarios en Vilouta, na parroquia de Tapia, por un importe de 112.014,57€, IVE incluído. Este proxecto sufragarase a través do Plan único de concellos “POS+ 2018”.

En dito proxecto técnico contémplase a pavimentación de viarios no núcleo de Vilouta, na parroquia de Tapia, con cinco centímetros de zahorra de canteira e doce de formigón, nas que se incluirá mallazo e xuntas de dilatación, previa demolición, nivelación e compactación do pavimento existente. Este proceso levarase a cabo nos oito treitos nos que se dividen os viarios.

Asemade, tamén se mellorará a capa de rodaxe dun dos accesos do núcleo, que conta con 100 metros de lonxitude por 4,5 metros de ancho, con cinco centímetros de aglomerado en quente en toda a plataforma. Isto levarase a cabo despois da reparación de baches, o perfilado de mordentes e o emprego de dez centímetros de zahorra, dez de grava e tratamento asfáltico semiprofundo para a ampliación de 0,75 metros de ancho da superficie pavimentada en ambos lados dentro da plataforma actual do acceso.

Neste mesmo sentido, tamén se contempla a execución de 200 metros de cuneta de seguridade, que estará revestida de formigón e baixo a que se canalizará tubería de PVC de 315 metros, que contará coas súas correspondentes arquetas con sumidoiro, así como 12 metros de caz de formigón con reixa.

Para finalizar, as obras completaranse coa sinalización horizontal con pintado de liñas en bordes e eixo, así como símbolos e unha partida de pozos e arquetas á nova rasante. O importe das obras realizadas en Vilouta ascende a 112.014,57€, cifra na que xa se inclúe o IVE.

Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925