Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O Concello...


O Concello realízalle un acto de homenaxe ao cronista oficial de Ames, Maximino Viaño

[14-02-2017] O goberno municipal ten preparado para este xoves, 16 de febreiro, ás 19:30 horas, un acto de homenaxe ao cronista oficial de Ames, Máximo Viaño. Neste evento de recoñecemento, que se desenvolverá no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, actuará a cantante amesá, Thais Rudiño, recente finalista do programa de televisión La Voz. Ademais, ao longo do acto intervirán Xosé Amancio Liñares Giraut, Filomena Fraga, os voceiros dos distintos grupos políticos con representación na corporación municipal, así como o alcalde e o propio Maximino Viaño. Ao final deste acto procederase á inauguración do Arquivo Histórico de Ames, que está situado no Pazo da Peregrina.

Maximino Viaño, que este ano cumpre 90 anos, é un histórico do cooperativismo agrario galego. Foi un dos socios fundadores da Cooperativa Feiraco e un dos promotores da denominación Ternera Gallega, da que foi presidente ata a súa renuncia. O seu labor no mundo cooperativo e gandeiro compatibilizouse coa súa actividade política -concorreu ao senado co CDS- e coa súa afección á escritura. Esta última plasmouse en ensaios para publicacións agrarias ou relacionadas coa economía galega e incluso libros, como Lembranzas. Unha vida no campo galego (2001) ou Os Muíños de Riamontes: Contos da miña aldea (2004), este último editado polo Concello de Ames.

No pleno ordinario de novembro de 2015 a corporación municipal aprobou por unanimidade unha moción para o nomeamento honorífico de Maximino Viaño García como cronista oficial do Concello de Ames. Agora, o goberno municipal vaille realizar un acto de recoñecemento que se vai a desenvolver este xoves, 16 de febreiro, a partira das 19:30 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. En dito acto van a participar amigos, familiares, veciños/as e representantes políticos dos distintos grupos con representación na actual corporación municipal.

O acto estará conducido polo xornalista Diego Viaño, neto do homenaxeado, e pola xornalista de Ames Radio, Nazaret López Neste evento actuará a cantante amesá, Thais Rudiño, recente finalista do programa de televisión La Voz. Ademais, ao longo do acto intervirán Xosé Amancio Liñares Giraut, Filomena Fraga, os voceiros dos distintos grupos políticos con representación na corporación municipal, así como o alcalde e o propio Maximino Viaño. Ao final deste acto procederase á inauguración do Arquivo Histórico de Ames, que está situado no Pazo da Peregrina.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925