Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas A Aula CeMIT de Ames...


A Aula CeMIT de Ames organiza o día 2 de outubro unha charla sobre consumo responsable

[27-09-2017] A Aula CeMIT, que está situada no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns, ofrece o vindeiro luns 2 de outubro, de 11:00 a 12:00 horas, unha charla sobre consumo responsable. Esta charla, que se emitirá desde a Escola Galega de Consumo a través de videoconferencia, terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media, e está orientada para todos os públicos ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais.

As persoas adoitamos a miúdo distintas decisións de consumo, case sen darnos conta. Así, cando nos levantamos cada mañá e acendemos a luz ou abrimos a billa da auga, cando imos mercar o pan para comer, cando facemos un agasallo, etc. podemos escoller entre distintos produtos, respecto dos que existen importantes diferenzas, non só no que se refire ao seu prezo ou calidade, senón tamén no seu proceso de produción e fabricación.

Para adoitar a mellor decisión de consumo, e escoller aqueles produtos que realmente se adapten ás nosas necesidades, é preciso coñecer as características de cada produto e servizo, para poder actuar no mercado como consumidores responsables. Para elo a Aula CeMIT do Concello de Ames vai a impartir o vindeiro luns 2 de outubro, de 11:00 a 12:00 horas, unha charla sobre consumo responsable.

O Instituto Galego de Consumo pon á nosa disposición unha serie de charlas informativas que están a ter unha gran aceptación naquelas localidades nas que se están impartindo de forma presencial. Estas charlas, que se emitirán desde a Escola Galega de Consumo a través de videoconferencia, teñen unha duración aproximada dunha hora ou hora e media, e están orientadas para todos os públicos  ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais.

Todas as persoas que desexen inscribirse nesta actividade poderán facelo a través da web da CeMIT no seguinte link: https://cemit.xunta.gal/actividade/22446. Para calquera dúbida pódese chamar ao teléfono 662 371 511. Por outra banda, cómpre lembrar que, sempre que non se estea realizado ningún curso, na aula CeMIT estará dispoñible o servizo de aula aberta no que se poderán utilizar os equipos libremente e baixo a titorización dos encargados deste servizo. Tamén podes seguir a actividade do centro no Facebook da aula: https://www.facebook.com/aula.cemit.ames.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925