Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O sábado, 14...


O sábado, 14 de outubro, terá lugar un paseo interpretativo polo río Tambre

[11-10-2017] Será unha oportunidade para coñecer o río doutra maneira, observando diferentes formacións do bosque de ribeira e aprendendo a identificar a fauna de invertebrados que está presente nos regos, así como as especies indicadoras da calidade da auga. A actividade, que está organizada pola Concellaría de Medio Ambiente en colaboración coa Concellaría de Deportes, terá lugar o vindeiro sábado, 14 de outubro, entre as 10:30h e as 12:00 horas. Para participar é preciso anotarse previamente, entregando o formulario de inscrición - que se pode atopar no apartado de descargas desta nova - no Rexistro municipal ou enviándoo ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

O vindeiro sábado, 14 de outubro, as persoas interesadas poderán coñecer o río Tambre desde unha perspectiva diferente, a través do paseo interpretativo que organiza a Concellaría de Medio Ambiente, en colaboración coa Concellaría de Deportes. O club de piragüismo “Ribeiras do Tambre” tamén participará desta actividade, achegando dous monitores que axudarán a aquelas persoas menos expertas no uso do kayak.

O paseo interpretativo correrá a cargo dun guía ambiental, que será quen guiará ás persoas participantes no recoñecemento das formacións do bosque de ribeira, dos xuncos e papiros, así como da fauna de invertebrados presentes nos regos e das especies indicadoras da calidade da auga. Dirixida a persoas adultas e a menores de idade acompañados, a actividade partirá da praia fluvial de Tapia e terá unha duración dunha hora e media, das 10:30h ás 12:00 horas. 

Método de inscrición
Para participar, é preciso anotarse previamente, entregando o formulario de inscrición - que se pode atopar no apartado de descargas desta nova - no Rexistro municipal ou enviándoo ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. Existen 20 prazas dispoñibles. Para facer parte desta actividade é obrigatorio saber nadar.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925