Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas I Campus de Fútbol...


CONCELLARIA DE CULTURA E DEPORTES

I Campus de Fútbol Sala Concello de Ames premia o xogo limpo

[12-06-2006] O fomento do xogo limpo foi unha das pautas formativas que primaron no I Campus de Fútbol Sala Concello de Ames que, desde o día 5 e ata o día 9 de xuño, se desenvolveu no Pavillón Polideportivo de Bertamiráns. Tanto se insistiu nesta cuestión que varios dos premios que se entregaron o día da clausura do Campus baseábanse nesta premisa educativa.

O día da clausura, os 51 nenos e as 2 nenas que participaron no campus celebraron un minicampionato por equipos no que amosaron o aprendido durante o tempo que durou a actividade. Logo fixeron demostracións de acrosport, actividade ximnástica a través da que se constrúen figuras e que require dunha alta compenetración entre os membros do equipo.

Tocoulle logo a quenda aos pais que xogaron un partido contra os monitores. O resultado non podía ser de máis amizade posto que despois dun tempo de xogo no que os dous equipos se esforzaron ao máximo, chegou un empate 4 a 4.

Para rematar celebrouse o acto de entrega de premios e agasallos. O xogo limpo foi protagonista destes posto que se premiou o mellor debuxo sobre o xogo limpo, que gañou Anxo Becerra, ao mellor compañeiro , premio que recaeu en Antón Porto, e ao fomento do xogo limpo, que foi para Samuel de la Iglesia. Miriam Barreiro recibiu o premio á mellor adaptación.

Anxo Becerra gañou o premio ao mellor debuxo sobre xogo limpo
Anxo Becerra gañou o premio ao mellor debuxo sobre xogo limpo

Máis do concello


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925