Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O marketing e os...


O marketing e os estudos de mercado centrarán o terceiro dos obradoiros do programa Vives Emprende de apoio a persoas emprendedoras

[07-11-2017] O vindeiro xoves, 9 de novembro, terá lugar o seguinte dos obradoiros encadrados dentro do programa Vives Emprende, organizado polo Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e en colaboración coa ONG Acción contra a Fame. Centrado no marketing e nos estudos de mercado, o obradoiro desenvolverase no Centro de Formación e Emprego do Concello, en Aldea Nova, entre as 16:00h e as 20:00 horas. As persoas interesadas pódense inscribir no obradoiro, chamando ao número de teléfono do departamento de Promoción Económica, ao 981 883 002, ao número da propia asociación, ao 689 869 465, ou enviando un correo electrónico ao enderezo mlloves@accioncontraelhambre.org. Tamén é posible inscribirse a través do seguinte formulario https://goo.gl/Efb14L

O programa Vives Emprende está dirixido a persoas do concello de Ames desempregadas ou con empregos precarios, que teñan unha idea emprendedora e que estean a pensar en levala a cabo. O programa, que está conformado por diferentes obradoiros, púxose en marcha o pasado outubro. O vindeiro xoves, 9 de novembro, celebrarase o terceiro destes obradoiros, que estará centrado no marketing e nos estudos de mercado. Nel abordaranse tanto os pasos a seguir para a elaboración deste tipo de estudos, como as diversas técnicas de investigación e de recollida de datos existentes para a realización dun plan de marketing. 

O taller A miña empresa en internet, que terá lugar o 16 de novembro, porá o foco na venda de produtos ou servizos na rede, dándolle especial importancia á publicidade, á comunicación e ás alianzas con outras empresas. O 23 de novembro, desenvolverase o obradoiro Economía básica para emprendedores, centrado nos aspectos fiscais e laborais a ter en conta á hora de emprender. Todos os obradoiros terán lugar no Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames, situado en Aldea Nova, en horario de 16:00h a 20:00 horas. 

É preciso inscribirse
Para participar, é preciso inscribirse chamando ao Concello de Ames, ao número de teléfono 981 883 002 pertencente ao departamento de Promoción Económica. Outra opción é chamar ao número de teléfono da propia asociación 689 869 465 ou enviar un correo electrónico ao enderezo mlloves@accioncontraelhambre.org. Tamén é posible inscribirse, cubrindo o seguinte formulario online https://goo.gl/Efb14L

O Vives Emprende está organizado polo Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e en colaboración con Acción contra a Fame. Financiado polo Fondo Social Europeo, o programa ofrece acompañamento técnico especializado e apoio, a través de titorías individuais, ás persoas participantes. Nel trabállanse fundamentalmente dous eixos. Por unha banda, están os contidos de carácter técnico vinculados ao desenvolvemento da idea, ao plan de negocio e á análise económica e financeira, entre outros aspectos. Pola outra, están os contidos competencionais, que inclúen o desenvolvemento de habilidades emprendedoras que axudan ás persoas a afrontar o proceso de forma eficaz. O obxectivo do Vives Emprende é o de fomentar o espírito emprendedor, coa finalidade de facilitar o acceso ao mundo laboral, a través do emprego por conta allea ou do autoemprego, das persoas participantes.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925