Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O magosto do...


O magosto do Milladoiro recadará fondos para a viaxe de fin de curso do alumnado de sexto de Primaria do CEP de Ventín

[09-11-2017] Este venres, 10 de novembro, o Milladoiro acollerá o seu tradicional Castañazo, o magosto organizado por un grupo de familias con crianzas escolarizadas no CEP de Ventín, co apoio da ANPA As Brañas e a colaboración do Concello de Ames. Ao longo da tarde haberá, ademais de castañas, chourizos e doces, cantina con bebidas quentes, xogos tradicionais e música, así como un sorteo dunha PS4 e outros premios. O magosto celebrarase a partir das 17:30 horas, na praza Manuel Murguía.

A partir das 17:30 horas, a praza Manuel Murguía no Milladoiro acollerá xogos tradicionais e música. As castañas comezarán a repartirse a partir das 18:30h. Tamén haberá chourizos e doces e unha cantina que ofrecerá bebidas quentes. O magosto finalizará por volta das 21:00 horas, co sorteo dunha PS4 e outros premios. O Castañazo está organizado por un grupo de familias, cuxas crianzas están escolarizadas no CEP de Ventín, co apoio da ANPA As Brañas e en colaboración co Concello de Ames. O diñeiro recadado estará destinado ao financiamento da viaxe de fin de curso do alumnado de Sexto de Primaria do colexio.

O sábado, 11 de novembro, tamén se realizará un magosto no local social de JUPEMI, a asociación de persoas xubiladas do Milladoiro. Por último, o seguinte venres, 17 de novembro, a asociación de veciños de Coira, O Quinteiro, celebrará o seu propio magosto a partir das 21:00 horas.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925