Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Organízase...


Organízase unha nova xornada micolóxica para o sábado 18 de novembro

[14-11-2017] A Aula da Natureza propón para este sábado, 18 de novembro, unha xornada completa centrada na micoloxía. Ao longo do día realizaranse unha charla de iniciación, unha saída de campo e un obradoiro de cultivo. A actividade ten prazas limitadas, polo que é preciso anotarse a través do enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal, enviando o formulario de inscrición, que se pode atopar baixo o apartado de descargas desta nova. Para obter máis información, pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65, en horario de 9:00 a 14:00h. O prazo de inscrición remata o 17 de novembro.


A Aula da Natureza organiza unha nova xornada micolóxica para este sábado, 18 de novembro. Como en anos anteriores, espérase que a actividade xere un grande interese na veciñanza amesá. A xornada comezará ás 10:30h, cunha pequena charla-coloquio no Pazo da Peregrina. Ás 10:10h, un autobús sairá do Milladoiro para achegar ás persoas inscritas ata Bertamiráns. Unha vez rematada a charla-coloquio, procederase á saída de campo para a recolección e identificación de cogomelos. O lugar escollido para esta actividade non se decidirá ata o vindeiro xoves. A decisión tomarase en función da humidade ambiental dos posibles lugares.

Á hora do xantar, realizarase unha parada nalgún parque ou área recreativa para que as persoas participantes poidan comer e descansar. Despois do xantar, haberá un obradoiro de identificación e cultivo de cogomelos na Aula da Natureza. O obradoiro correrá a cargo da especialista en micoloxía, Sira López, e do biólogo, Juan Blanco. A xornada contará con servizo de autobús para todos os desprazamentos.

Para participar, é preciso anotarse previamente, enviando o formulario de inscrición – que se pode atopar baixo o apartado de descargas desta nova – ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro venres, 17 de novembro, ás 14:00 horas. Pódese obter máis información sobre a xornada micolóxica, chamando ao número de teléfono 660 00 46 65, en horario de 9:00h a 14:00h.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925