Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas A OMIX abre o prazo...


A OMIX abre o prazo de inscrición para participar no curso de dinamización de eventos infantís

[20-11-2017] A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ames (OMIX) organiza para o vindeiro sábado 2 de decembro, un novo curso de dinamización de eventos infantís. O curso, que estará orientado ao desenvolvemento de actividades de entretemento, desenvolverase na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de 10:00h a 14:00h e de 15:30 a 19:30h. Para participar deste curso é preciso anotarse, enviando a ficha de inscrición cuberta xunto cunha fotocopia do DNI ao enderezo de correo electrónico omix@concellodeames.gal. O curso está dirixido a mozas e mozos maiores de 18 anos. O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 21 e o 28 de novembro. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición.

O curso de dinamización de eventos infantís será impartido por unha escola de tempo libre, o vindeiro 2 de decembro, na Casa da Cultura do Milladoiro. No total, serán 8 horas formativas (de 10:00h a 14:00h e de 15:30 a 19:30h) nas que se abordarán diferentes aspectos orientados á animación de eventos infantís como o maquillaxe, a globoflexia xigante para decoración ou a globoflexia infantil. O curso está concibido como unha formación complementaria tanto para monitoras e monitores, como para todas aquelas persoas interesadas en formarse en actividades vinculadas ao lecer infantil.

O Concello de Ames xa ten organizado este curso en ocasións anteriores, gozando sempre dun grande éxito de participación. Nesta edición, existen un total de 20 prazas dispoñibles, que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas en Ames. O curso está destinado a mozas e mozos maiores de 18 anos. Para a realización do mesmo, deberá haber un mínimo de 15 persoas inscritas. 

Ao final do curso, as persoas que teñan completado a actividade recibirán un certificado de asistencia. Para participar, é preciso enviar a ficha de inscrición cuberta – que se pode atopar baixo o apartado de descargas desta nova- xunta cunha fotocopia do DNI ao enderezo de correo electrónico omix@concellodeames.gal. O prazo de inscrición permanecerá aberto do 21 ao 28 de novembro. Para obter máis información, pódese chamar ao número de teléfono 616 083 229.


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925