Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O sábado 25 de...


O sábado 25 de novembro terá lugar unha mesa redonda sobre o control e loita contra a avespa velutina na Casa da Cultura do Milladoiro

[22-11-2017] A celebración desta mesa redonda encádrase dentro da I Xornada Cultural FEDERAMES, organizada pola Federación de Asociacións do Rural de Ames. Nela participarán Laura García, asesora xurídica da Asociación Galega de Apicultura; Jesús Orejas, xefe do servizo de Sanidade Animal da Consellaría de Medio Rural; Elisa Gago, xefa do Servizo de Conservación da Biodiversidade da Consellaría de Medio Ambiente; Diego Sánchez, apicultor e membro do Sindicato Labrego Galego; e Xulio Maside, profesor da facultade de Bioloxía e investigador na Universidade de Santiago de Compostela. A mesa redonda sobre o control e loita contra a avespa velutina desenvolverase este sábado 25 de novembro, a partir das 19:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. A entrada é libre ata completar aforo.

Moitas zonas do rural amesán están invadidas por esta especie invasora, a avespa asiática ou velutina, que está a experimentar unha forte expansión en todo o territorio galego. A situación non é, polo tanto, diferente en Ames, onde moitas zonas do rural están completamente invadidas por esta especie, cuxos niños tamén se comezan a ver nos núcleos de poboación e nas vilas. As causas da súa expansión atópanse na súa facilidade de adaptación, na existencia dunhas condicións climáticas favorables e no feito de non contaren con depredadores naturais no medio.

Control e loita contra a avespa velutina é o nome que recibe a mesa redonda, que se desenvolverá este sábado, a partir das 19:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. A mesa, que se encadra dentro da I Xornada Cultural organizada pola Federación de Asociacións do Rural de Ames (Federames), ten como obxectivo abordar o impacto que a expansión da avespa velutina ten no medio ambiente, atendendo ás dimensións desta praga. 

Na mesa redonda intervirán Laura García, asesora xurídica da Asociación Galega de Apicultura; Jesús Orejas, xefe do servizo de Sanidade Animal da Consellaría do Medio Rural; Elisa Gago, xefa do Servizo de Conservación da Biodiversidade da Consellaría de Medio Ambiente; Diego Sánchez, apicultor e membro do Sindicato Labrego Galego; e Xulio Maside, profesor da facultade de Bioloxía e investigador na Universidade de Santiago de Compostela. A entrada é libre ata completar aforo. 


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925