Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas A Tropa Verde de Ames...


A Tropa Verde de Ames premiará cunha cámara acuática VicTsing Eypro1 á persoa gañadora do concurso Búscase xente reciclando

[24-11-2017] Con motivo da Semana Europea do Medio Ambiente, que se celebra do 18 ao 26 de novembro, a Tropa Verde de Ames está a realizar un concurso nas redes baixo o nome Búscase xente reciclando. As persoas que queiran participar desta iniciativa, deberán compartir, nas súas redes sociais, fotografías nas que estean realizando accións positivas para o medio ambiente: entregas de residuos nos colectores adecuados ou actividades de reciclaxe ou reutilización nos fogares. Do mesmo xeito, tamén se poderán partillar fotografías nas que a persoa estea a participar nalgunha das campañas da Tropa Verde ou nas que estea a desfrutar dalgunha das súas recompensas. A Tropa Verde de Ames deberá estar etiquetada en todas as fotografías, as cales deberán levar tamén o hashtag #tropaverderecicla. As persoas que queiran participar deste concurso, deberán formar parte da comunidade Tropa Verde de Ames. Quen estea interesada ou interesado poderá darse de alta a través da páxina web www.tropaverde.org. O prazo para partillar as imaxes remata este domingo, 26 de novembro.

A nova acción da Tropa Verde de Ames, que se presentou baixo o nome Búscase xente reciclando, consiste nun concurso de fotografías co que se pode gañar unha cámara acuática. Para participar deste concurso, deberase compartir unha fotografía nas redes sociais na que apareza a persoa realizando boas accións ambientais. Na fotografía deberá estar etiquetada a conta da Tropa Verde de Ames. De igual maneira, tamén deberá ir acompañada do hashtag #tropaverdeAMES. Nas imaxes as persoas poderán aparecer entregando residuos nos contenedores adecuados, nos puntos e minipuntos limpos ou nos colectores de aceite. Tamén poderán saír realizando actividades de reciclaxe e reutilización nos fogares ou desfrutando dalgunhas das recompensas da Tropa Verde ou das súas actividades. O prazo para partillar as imaxes remata este domingo, 26 de novembro.

O modelo de cámara acuática que recibirá a persoa gañadora será un VicTsing Eypro1. Unha cámara que ofrece imaxes de 12MP e vídeos FHD 108p. A cámara tamén ten conexión wifi, unha pantalla de 170º HD LCD e vén acompañada de accesorios gratuítos como unha carcasa impermeable e un soporte para bicicleta, entre outros. O xurado do concurso estará conformado polos membros do equipo da Tropa Verde. A identidade da persoa gañadora darase a coñecer a través das redes sociais e da páxina web da propia Tropa Verde.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925