Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas As Escolas...


As Escolas Infantís Municipais de Ames reciben axudas para equipamentos por valor de preto de 35.000 euros

[02-12-2017] Mellora das condicións térmicas e ampliación de xogos e material didáctico. As Escolas Municipais de O Bosque e de A Madalena incrementan o seu equipamento e as súas infraestruturas grazas á subvención de 34.165,44 euros que concede o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Por segundo ano consecutivo, o Concello de Ames executa esta subvención nas devanditas escolas.


Parte do investimento -20.000 euros- empregase en actuacións que mellorán as condicións térmicas das Escolas. Deste xeito, climatizaronse tres aulas na Escola Infantil de A Madalena e outras tres na Escola de O Bosque. As obras supoñen un valor engadido para a infraestruturas de ámbalas dúas escolas.


A subvención inclúe tamén partidas destinadas a compra de equipamentos. Neste caso o investimento é de 14.165,44 euros. A través destes investimentos, a Escola de A Madalena vese beneficiada dunha casiña con tobogán e rede, un muro activo con tubo, un elefante tobogán e un labirinto para o patio do centro educativo. Pola súa banda, a Escola de O bosque emprega a subvención na compra de diverso material para uso en aulas e patio interior. 

"Tanto a climatización das aulas como o material de xogo que se propón mercar con esta subvención supón un valor engadido para a atención dos nenos e das nenas, obedece a melloras pensadas desde o punto de vista educativo e realizase aplicando a perspectiva de xénero", declara o Concelleiro de Educación, David Santomil, quen explica tamén que "non se trata de meras substitucións por deterioro, senón que o que realmente se pretende é aumentar o número destes xogos e polo tanto as posibilidades de desfrute e educación a través do xogo dos nenos e nenas das Escolas Infantís Municipais".


Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925