Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas A adopción do...


A adopción do novo sistema Koha mellora o servizo das bibliotecas municipais de Ames

[12-01-2018] As bibliotecas municipais de Ames adoptaron, recentemente, un novo sistema de xestión bibliotecaria: o programa Koha ILS, promovido desde o Servizo de Bibliotecas da Xunta de Galicia. A súa instalación permitiu, entre outras cousas, a creación dun catálogo único pra todas as bibliotecas da Rede, no que se integran os catálogos de Bertamiráns e do Milladoiro, así como a unificación dos carnés das persoas usuarias que agora son válidos para todas as bibliotecas, que integran a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e que empregan o novo programa. Para renovar o carné da biblioteca, e adaptalo ao novo sistema, só é preciso cubrir unha ficha de inscrición e sacar unha foto alí mesmo.

O pasado setembro, Ames tornábase nun dos primeiros concellos en migrar de sistema de xestión bibliotecaria, abandonando o Meiga para acoller o novo programa KOHA. A mudanza non só supuxo a integración da maioría de bibliotecas públicas de Galicia, senón que tamén posibilitou a creación dun catálogo único e a unificación do traballo do persoal técnico. A creación dun carné para todas as usuarias e usuarios das bibliotecas públicas de Galicia foi outra das novidades que presentou a instalación deste novo sistema. Ademais, co novo programa Koha, tamén se logrou unha maior homoxenización e simplificación da catalogación das colección, o que redundou nunha mellora do servizo.

As socias e socios das bibliotecas municipais, que aínda non o fixeron, deberán pasar polas bibliotecas municipais para obter o novo carné. O trámite é sinxelo, xa que só é preciso cubrir unha ficha e tirar unha foto, o que se pode facer nas propias bibliotecas. O novo carné dá acceso aos fondos da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e aos catálogo de préstamo de libros electrónicos.

Sesións de contacontos en xaneiro nas bibliotecas e locais socias das parroquias
As actividades de animación á lectura nas parroquias de Ames comezarán o vindeiro luns, 22 de xaneiro, ás 18:15 horas, no local social de Augapesada. En Bugallido, a sesión de contactontos desenvolverase o martes 23, no mesmo horario. Pola súa banda, nas bibliotecas municipais, as primeiras sesións de contacontos deste 2018 terán lugar o mércores, 24 de xaneiro, no Milladoiro, e o xoves 25, en Bertamiráns. Estas sesións, que comezarán ás 17:00 horas, xirarán arredor de contos que falen de comidas.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925