[http://www.concellodeames.org]
Inicio
Ames dixital
Novas
Unha unidade...
[13-01-2018] A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) acudirá este luns, 15 de xaneiro, ao Milladoiro. O vehículo estacionará na avenida da Curuxa, ao carón do supermercado El Árbol, en horario de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Lémbrase que se deberá acudir en posesión da tarxeta de doante ou do DNI ou un documento identificativo similar. O concello de Ames colabora coa campaña solidaria da Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos #súmatedoasangue.
Dende o Centro de Transfusión de Galicia lémbrase ás e aos doantes que non se debe acudir a doar sen almorzar, e que aquelas persoas que doen despois do xantar teñen que agardar un mínimo de dúas horas para facelo. Non lles está permitido doar ás persoas menores de 18 anos nin ás maiores de 65 anos (idade a partir da cal é preciso un permiso médico). En Galicia precísanse entre 400 e 500 doazóns de sangue cada día xa que, diariamente, os hospitais atenden unha media de 2.700 urxencias cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.Aviso legal | Accesibilidade | RSS
© Concello de Ames