Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Suspéndese as...


Suspéndese as actividades deportivas exteriores deste sábado e domingo por condicións meteorolóxicas adversas

[09-03-2018] O Concello de Ames informa que se suspenden as actividades deportivas, que normalmente se desenvolven ao aire libre, previstas para este sábado, 10 de marzo, e mailo domingo 11. Asemade, infórmase que se ten organizado un operativo especial debido á predición meteorolóxica adversa de vento e choiva prevista para esta fin de semana (alerta laranxa). Para informar de calquera incidencia que haxa pódese chamar ao 112, ao número de teléfono 619 767 575 da Policía Local de Ames ou da Agrupación de Protección Civil, 673 178 888.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia vén de activar a alerta por un episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia, tipoloxía de vento, indicando que se adopten as medidas preventivas necesarias. No caso dos ventos, agárdanse refachos de mais de 120 km/h que afectará a Coruña (Noroeste, Oeste, Suroeste) e Pontevedra (Rias Baixas, Interior) esperándose que de comezo a partir das primeiras horas da tarde do sábado, 10 de marzo, e remate ás 6 da maña do domingo 11 de marzo de 2018.

Por este motivo, dende o Concello de Ames infórmase que se suspenden as actividades deportivas, que normalmente se desenvolven ao aire libre, previstas para este sábado, 10 de marzo, e mailo domingo 11. Esta decisión tómase como medida de precaución, en base á predición feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso de vento e choivas a partir das primeiras horas da tarde do sábado 10 de marzo de 2018. O Concello de Ames pretende deste xeito preservar a seguridade dos deportistas, adestradores, árbitros ou xuíces, afeccionados, operarios e garantir que non se produza incidencia algunha nas instalacións.

Asemade, organizouse un operativo especial no que participarán os axentes da Policía Local de Ames, operarios da brigada municipal de obras e membros da Agrupación de Protección Civil do Concello de Ames, que estarán de garda para poder atender os diferentes problemas que poidan xurdir polo mal tempo. Para informar de calquera incidencia que haxa pódese chamar ao 112, ao número de teléfono 619 767 575 da Policía Local de Ames ou da Agrupación de Protección Civil, 673 178 888.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925