Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas A Policía...


A Policía Local de Ames realizou máis de 1.200 controis durante a campaña de control da utilización do cinto e dos sistemas de retención infantil

[22-05-2018] Entre o 14 e o 18 de maio, a Policía Local de Ames colaborou na campaña especial da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) sobre o uso do cinto e dos sistemas de retención infantil. En total, realizáronse 739 controis a condutores, nos cales se detectaron tan só 2 infraccións. Ademais, fixéronse 270 controis a pasaxeiros que circulaban tanto nos asentos dianteiros coma nos traseiros. Nesta caso detectáronse outras 2 infraccións. Por último, realizaron 207 controis dos sistemas de retención infantil homologados, detectando 2 infraccións. Unha vez rematada a campaña, o Concello de Ames envioulle un informe sobre os resultados obtidos na campaña á Xefatura Provincial de Tráfico.

As e os axentes da Policía Local de Ames colaboraron nesta campaña, posta en marcha pola DXT, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria, posto que está demostrado que o uso dos sistemas de retención infantil e do cinto de seguridade é o método máis sinxelo, rendible e eficaz para evitar danos graves no caso de accidente. A campaña levouse a cabo entre o 14 e o 18 de maio nas estradas de Ames.

En total, realizáronse 1.216 controis ao longo da semana, nos cales detectáronse 6 infraccións. Deste xeito, realizáronse 739 controis a condutores, nos cales se detectaron tan só 2 infraccións. Ademais, fixéronse 270 controis a pasaxeiros que circulaban tanto nos asentos dianteiros coma nos traseiros. Nesta caso detectáronse outras dúas infraccións. Un pasaxeiro que circulaba sen o cinto de seguridade posto nun asento dianteiro e outro que ía nun asento traseiro sen el.

No caso das nenas e nenos, cuxa altura non superaba os 135 centímetros, practicamente todas e todos levaban sistemas de seguridade homologados e adaptados ao seu peso e altura. Neste caso, realizáronse 207 controis, detectando 2 infraccións en nenos/as que circulaban nos asentos traseiros. Unha vez rematada a campaña, o Concello de Ames envioulle un informe sobre os resultados obtidos na campaña á Xefatura Provincial de Tráfico.

O cinto de seguridade é un elemento de seguridade pasiva, de uso obrigatorio en calquera automóbil. Estímase que en caso de impacto, o uso do cinto pode reducir o risco de morte para as persoas ocupantes dos asentos dianteiros nun 50%. Ademais, no tocante aos sistemas de retención infantil (capazo, cadeira con arnés, elevador con respaldo ou alzador), estes son a mellor protección que se pode levar cando unha crianza circula nun vehículo, o que ademais é obrigatorio por lei.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925