Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas As 17 alumnas e...


As 17 alumnas e alumnos que participan no curso de monitor de tempo libre remataron as 200 horas teórico-prácticas

[23-05-2018] O pasado sábado, 19 de maio, as 17 rapaces e rapaces que están participando este ano no curso de monitor de tempo libre remataron as 200 horas teórico-prácticas. A formación, que comezou a primeira fin de semana de marzo, foi impartida no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, os sábados e os domingos, en horario de 09:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:00 horas. Agora quedan 150 horas de prácticas, que poderán desenvolver en dous anos. Algúns das 17 alumnas/os poderán facer as prácticas nas actividades de verán do propio Concello. O curso, homologado pola Xunta de Galicia, foi organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ames (OMIX).

O curso de monitora e monitor en tempo libre comezou a primeira semana de marzo, coa participación de 17 alumnas e alumnos. O curso, que ten unha duración total de 350 horas, inclúe contidos específicos de medio ambiente e educación ambiental, primeiros auxilios básicos, atención a colectivos desfavorecidos ou persoas con diversidade funcional e coñecementos de manipulación de alimentos. Así mesmo, nel tamén se abordan outras disciplinas como a animación deportiva, o xogo ou a psicoloxía.

As 350 horas de duración divídense en dous bloques: un primeiro teórico-práctico de 200 horas e un segundo integramente práctico de 150. O pasado sábado, 19 de maio, as rapaces e rapaces que están participando este ano no curso de monitor de tempo libre remataron as 200 horas teórico-prácticas. Este primeiro bloque estivo composto por 21 sesións que englobaron a área da psicoloxía, da animación, da educación ambiental e da natureza, da educación para a saúde, da organización e dos recursos e da metodoloxía educativa.

Actividades en espazos abertos
Ademais de dinámicas varias no Pazo da Peregrina e no casco urbano de Bertamiráns, fixéronse outras saídas interesantes como a limpeza e acondicionamento dunha parte do Rego dos Pasos dentro do módulo de medio ambiente, a visita ao xardín botánico de Padrón, desenvolveron unha actividade intermareal en Aguiño (Ribeira) e visitaron instalacións xuvenís da Xunta de Galicia como foi o Complexo Xuvenil das Mariñas (Gandarío e Mariña Española).

A metodoloxía empregada no curso estivo caracterizada polo dinamismo, a interacción e a participación do alumnado no seu propio proceso de aprendizaxe. Deste xeito, moitos dos contidos foron impartidos ao aire libre, para que o alumnado se habitúe á realización de actividades en espazos abertos nos que haxa máis xente e aprenda a relacionarse, asemade, coas persoas das localidades.

150 horas de prácticas
O segundo bloque do curso está conformado por 150 horas de prácticas en actividades de tempo libre supervisadas por unha titora ou titor. Este segundo bloque conta con dúas modalidades de realización: 14 días de participación nunha actividade ao aire libre, que se poderán agrupar en bloques non inferiores a tres días, ou 150 horas en actividades cunha entidade que traballe no eido da educación no tempo libre. O alumando dispón dun prazo de dous anos para facer as prácticas. Algúns dos 17 rapaces e rapazas que están participando neste curso poderán facer as prácticas nas actividades de verán do propio concello.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925