Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O Bertamiráns...


O Bertamiráns FC gáñalle na final ao Biduído SR e adxudícase o XXXVI Trofeo de fútbol Concello de Ames

[11-06-2018] Este domingo, 10 de xuño, disputouse o XXXVII Trofeo de fútbol Concello de Ames 2018 no campo municipal de Bertamiráns. Este ano, ao igual que en 2017, decidiuse xuntar todo o torneo nun mesmo día. A primeira semifinal entre o Agrón CF e mailo Biduído SR rematou co resultado de 1-2, mentres que na segunda semifinal o Bertamiráns FC impúxose ao Milladoiro SD por 1 gol a 0. Na final o Bertamiráns gañoulle ao Biduído SR por 2-0, revalidando o título conseguido na pasada edición.

Como cada ano, antes de finalizar a tempada, o Concello de Ames, en colaboración cos clubs de fútbol federados do concello, organizaron o Trofeo de Fútbol Concello de Ames. Este campionato xa está consolidado no municipio amesá posto que xa se organizaron trinta e sete edicións. Neste torneo participaron todos os equipos federados de Ames que teñen equipo sénior. Este ano foron catro os equipos que participaron nesta competición (Agrón CF, Biduído SR, Bertamiráns FC e mailo Milladoiro SD. Dito torneo disputouse no campo de fútbol municipal de Bertamiráns.

Nesta edición do Trofeo de fútbol, ao igual que o pasado ano, optouse por xuntar toda a competición nun mesmo día. Deste xeito, en cada partido xogáronse dúas partes de 25 minutos. A primeira semifinal entre o Agrón CF e mailo Biduído SR rematou co resultado de 1-2, mentres que na segunda semifinal o Bertamiráns FC impúxose ao Milladoiro SD por 1-0. Na final o Bertamiráns FC gañoulle ao Biduído SR por 2-0, revalidando o título conseguido na pasada edición.

O alcalde e concelleiro de deportes, José Miñones, foi o encargado de facerlle entrega do trofeo de campión ao capitán do Bertamiráns FC e do trofeo de subcampión ao capitán do Biduído SR.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925