Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas A Policía...


A Policía Local de Ames realizou preto de 300 probas na campaña especial sobre control da taxa de alcol e presencia de drogas en condutores

[12-06-2018] O Concello de Ames colaborou coa Dirección Xeral de Tráfico no desenvolvemento da campaña especial de vixilancia e control de alcol e drogas, que se levou a cabo entre os días 4 e 10 de xuño. Os axentes da Policía Local de Ames realizaron un total de 290 controis (287 controis de alcol e 3 de drogas). Entre as probas realizadas, tan só 2 condutores deron positivo o que representa un 0,68% dos condutores aos que se lle realizaron ditos controis. Ademais, os axentes proporcionáronlle información aos condutores sobre a necesidade de conducir sen inxerir ningún tipo de bebida alcohólica ou substancia estupefaciente.

A principal razón da posta en marcha deste tipo de campañas de vixilancia e control, que neste caso se desenvolveu entre os días 4 e 10 de xuño, é que o aumento dos controis preventivos é un dos factores que está a favorecer un cambio de comportamento dos cidadáns sobre esta materia. Durante os sete días que durou esta campaña, que puxo en marcha a Dirección Xeral de Tráfico, os axentes da Policía Local de Ames reforzaron os controis de alcol e drogas nas estradas do municipio e nos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro.

En total, realizáronse 290 controis repartidos en sete días (o primeiro e mailo segundo día non realizaron controis; o terceiro día 72; o cuarto día 36; o quinto día 107; o sexto día 50; e o sétimo e último día 25). Entre as probas realizadas de control de alcol, 1 condutor deu positivo por ter unha taxa superior a 0,60 miligramos por litro de aire expirado ou 1,2 gramos por litro de sangre. Ademais, outro condutor deu positivo no control de drogas por consumo de cánnabis.

Ao mesmo tempo que se realizaron os devanditos controis, os/as axentes da Policía Local proporcionáronlle información aos condutores sobre a necesidade de conducir sen inxerir ningún tipo de bebida alcohólica ou substancia estupefaciente.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925