Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Inscríbete nos...


Inscríbete nos cursos de iniciación ao piragüismo que se desenvolverán este verán na praia fluvial de Tapia

[14-06-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza uns cursos de iniciación ao piragüismo durante os meses de xuño, xullo e agosto. Esta actividade está dirixida aos nenos/as nados entre o 2004 e o 2011. Esta actividade impartirase do 25 de xuño ao 17 de agosto, os luns, mércores e venres. O prazo para apuntarse xa está aberto e finalizará no momento no que se acaben as prazas dispoñibles. Cómpre salientar que as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Se hai uns días se anunciaba que o Concello de Ames organiza cursos de natación para os meses de xullo e agosto, agora toca falar dos cursos de iniciación ao piragüismo que se levarán a cabo durante os meses de verán na praia fluvial de Tapia. Estas actividades serán impartidas polo Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre e contan coa colaboración da Deputación da Coruña. Para inscribirse nesta actividade é imprescindible saber nadar.

Todas as persoas que desexen iniciarse ou perfeccionar a súa técnica poderán participar nestes cursos de piragüismo. Esta actividade está dirixida aos nenos e nenas nados entre o 2004 e o 2011 que desexen iniciarse neste deporte. Estes cursos impartiranse entre o 25 de xuño e o 17 de agosto. Para os rapaces e rapazas dos 8 aos 14 anos, as clases impartiranse os luns, mércores e venres, en horario de 16:30 a 17:30 horas, mentres que os nenos e nenas de 7 anos, as clases serán os mércores as 17:30 horas.

O prazo de inscrición non ten límite de data, polo que os rapaces e rapazas interesados poderán apuntarse ata acabar as prazas. O prezo desta actividade é de 30 euros para os rapaces e rapazas dos 8 aos 14 anos e de 20 euros para os nenos e nenas de 7 anos. En canto ás inscricións, poderán realizarse na Casa do Concello, en Bertamiráns, e na da Cultura do Milladoiro, das 9:00 ás 14:00 horas. O prazo para apuntarse nestes cursos xa está aberto. Cómpre salientar que as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Para realizar a inscrición hai que presentar o impreso federativo, fotocopia do DNI e unha fotografía.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925