Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O servizo de...


O servizo de comedores escolares de Ames conta cun novo vehículo para a distribución e transporte de alimentos elaborados

[14-06-2018] O servizo de comedores escolares de Ames ten á súa disposición un novo vehículo para o transporte de alimentos elaborados. Trátase dunha nova furgoneta máis ampla que a actual. Esta mañá asinouse a acta de recepción entre o alcalde de Ames, José Miñones, e o director de ventas da entidade Yañez SL, Óscar Rey. Ao acto de entrega asistiu a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e maila concelleira de Comunicación e Normalización Lingüística, Isabel Vaquero. O contrato de adquisición deste novo vehículo foi adxudicado por un importe de 24.970 euros. Este importe foi sufragado polo ente provincial.

O servizo de comedores escolares estreará para o próximo curso escolar 2018-2019 un novo vehículo para o transporte e distribución dos alimentos elaborados, que se preparan nas cociñas dos centros de Agro do Muíño e a Escola Infantil do Milladoiro e se reparten ao CEP de Ventín, así como aos CEIP A Maía e de Barouta. Este vehículo, que foi recepcionado esta maña, comezará a funcionar durante o programa de conciliación Setembro Lúdico. Durante as próximas semanas será acondicionado para adaptar a furgoneta co obxectivo de que cumpra os requisitos sanitarios para o transporte de alimentos envasados. Tamén haberá que rotulala pola súa parte exterior.

No acto de entrega de dito vehículo estivo o alcalde de Ames, José Miñones, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, a concelleira de Comunicación e Normalización Lingüística, Isabel Vaquero, o concelleiro de Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, e o director de ventas da entidade Yañez SL, Óscar Rey. Tamén estiveron presenten varios técnicos municipais. De seguido, no salón de plenos da Casa do Concello, asinouse a acta de recepción. O contrato de adquisición deste novo vehículo foi adxudicado por un importe de 24.970 euros. Este importe foi sufragado polo ente provincial.

Co novo vehículo mellora o servizo de transporte e distribución de alimento elaborados entre os distintos comedores escolares municipais. Ata o de agora empregábase unha furgoneta de segunda man cedida pola Deputación da Coruña ao Concello de Ames no ano 2012. Reparto de alimentos entre os cinco comedores
En Ames hai cinco comedores escolares dos que dous están dotados de cociña. Dende a cociña do CEIP Agro do Muíño repártense os pratos do día ao CEP Ventín. En Agro do Muíño elabóranse tamén os menús adaptados por necesidades específicas de tipo nutricional coma os menús especiais para nenos e nenas con alerxias ou intolerancias. A outra cociña da Rede de comedores escolares amesáns é a da Escola Infantil de Milladoiro, que prepara a comida tamén para o CEIP Barouta e para o CEIP A Maía.

A tarefa diaria do vehículo é o transporte de comida entre os centros. Ás 12.00 h recolle a comida en Agro do Muíño e vai ata Ventín onde descarga. A continuación diríxese á EEI Milladoiro para cargar de novo comida e levala ao centro da Maía e a Barouta. O circuíto que leva a cabo este vehículo está coordinado de tal xeito que se axusta ó horario dos centros. Despois de comer, a partir das 15.30 o coche recolle os contedores de novo para levalos de volta ás cociñas. A condutora da furgoneta, ademais de facer o reparto, é a encargada de facer recados no supermercado durante as primeiras horas da mañá e da desinfección diaria do vehículo.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925