Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Abre o prazo de...


Abre o prazo de inscrición para os curso de natación do mes de agosto

[09-07-2018] A partir deste luns 9 de xullo, e ata o próximo día 20, estará aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación do mes de agosto. Na actualidade estanse impartindo os cursos do mes de xullo. Os cursos que terán lugar de luns a venres, tanto na piscina descuberta de Bertamiráns coma na do Milladoiro, están organizados pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de solicitude para os cursos de natación.

Hoxe comeza o prazo de inscrición para os cursos de natación do mes de agosto. Así, desde este luns ata o vindeiro día 20, todas e todos aqueles interesados poderán anotarse no mesmo. Na actualidade estanse impartindo os cursos do mes de xullo.

Os cursos de natación están organizados en función da idade das e dos participantes. Desta forma, os horarios serán os seguintes: ás 11:15h comezarán as máis e os máis maiores, os que superen os 10 anos de idade; ás 12:00h será a quenda daquelas e aqueles entre os 8 e os 9 anos; xa ás 12:45h será a vez daqueles cuxa idade estea comprendida entre os 6 e os 7 anos; e, finalmente, ás 13:30h serán as máis e os máis pequenos da casa, aqueles cunha idade comprendida entre os 3 e os 5 anos, os que se mergullarán na auga.

Os cursos, organizados pola Concellaría de Deporte, en colaboración coa Deputación da Coruña, contarán con prazas limitadas. Para a primeira franxa de idade, a comprendida entre os 3 e os 5 anos, haberá 12 prazas. Para o segundo grupo, 20. Para o terceiro, 24. E para o último, para os maiores de 10 anos, 30.

Trámites de inscrición
As inscricións poderán tramitarse tanto na Casa da Cultura do Milladoiro como na Oficina de Deportes de Bertamiráns (Casa do Concello), en horario de 9:00 h a 14:00 horas. Para realizala será preciso presentar a solicitude cuberta, xunto con unha fotocopia da tarxeta sanitaria e o impreso de autoliquidación do pagamento selada pola entidade bancaria.

No tocante ao prezo, cada familia deberá abonar 20 euros, reducíndose a 10 para segundos membros e a 5 para terceiros e restantes. Asemade, existen bonificacións para os membros das unidades familiares menores de 18 anos.

A folla de autoliquidación poderá solicitarse presencialmente na Casa da Cultura do Milladoiro, na oficina de Deportes de Bertamiráns, nas oficinas de recadación ou no enderezo de correo electrónico ames@canaltributos.com. Só poderán participar as persoas empadroadas no Concello de Ames. Para máis información poden enviar un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal ou chamar aos números de teléfono 981 535 940 ou 619 842 504.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925