Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Arredor de 100...


Arredor de 100 persoas participaron este sábado no XII Día da Bici que se celebrou en Bertamiráns

[09-07-2018] O Concello de Ames celebrou este sábado, 7 de xullo, a décimo segunda edición do Día da Bici. Esta actividade espertou un gran interese entre a veciñanza amesá e dende o departamento de Deportes calculan que participaron arredor de 100 persoas. Realizouse unha ruta pola contorna de Bertamiráns completando un circuíto urbano de 8 quilómetros de distancia.

O Día da Bici é unha actividade que organizou o Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, e que contou coa colaboración da Deputación da Coruña, o Centro deportivo Ames (Be One), o Gadis, a Asociación Galega de Ciclistas, o Club Ciclista de Ames, Os Esfola Arrós e o Club Ciclista Repeitiños da Capilla.

Está actividade estivo dirixida a calquera persoa maior de 8 anos de idade. O percorrido, de 8 quilómetros, foi deseñado polas rúas de Bertamiráns. A organización deseñou un itinerario fácil e de dificultade baixa, cunha duración aproximada dunha hora.

Ás 10:00 horas un grupo de ciclistas saíu en bicicleta dende a Casa da Cultura do Milladoiro cara Bertamiráns. A continuación, ás 10:45 horas, os participantes concentráronse no lugar de saída. Ás 11:00 horas, os ciclistas participantes saíron dende os arredores do centro deportivo A Telleira, en Bertamiráns.

A esa mesma hora comezaron as xincanas ciclistas, que estiveron dirixidas aos nenos e nenas menores de 8 anos. Os rapaces e rapazas puideron participar en diferentes probas de habilidade para demostrar a súa destreza coa bicicleta. Tamén houbo, a partir das 11:00 horas, clases de ioga en familia a cargo dos monitores do Centro deportivo A Telleira.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925