Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Comeza a traballar a...


Comeza a traballar a nova brigada Aprol Rural que reforzará o traballo realizado a través do Plan de prevención de incendios forestais

[14-07-2018] Dende o pasado 1 de xullo o Concello de Ames conta cunha enxeñeira técnica forestal e cunha capataz que forman a nova brigada Aprol Rural. Trátase dun grupo de traballo que se centrará na actualización das redes de faixas secundarias, así comas das vías, camiños e fincas de propiedade municipal. Deste xeito, farán unha revisión dos 59 ámbitos de protección a núcleos urbanos e dos 54 ámbitos de protección a vivendas illadas e outras instalacións. Tamén crearán un mapa georeferenciado para as parcelas, vías e camiños municipais. Estarán contratadas ata o 31 de marzo de 2019, durante noves meses, e contan co material necesario para desenvolver ditos traballos.

No ano 2007 o Concello de Ames, a través da aprobación en pleno do Plan para a Protección do Espazo Rural e dos Asentamentos de Poboación, definía por primeira vez as faixas secundarias de xestión de biomasa no seu termo municipal. Posteriormente, no ano 2009 o Concello comezou a redacción do Plan municipal de defensa fronte incendios forestais que debe incluírse anualmente dentro dos plan do Distrito III e debe conter polo menos as vías, camiños e fincas de titularidade municipal, así como a rede de faixas secundarias de protección fronte a incendios.

As redes secundarias de faixas de xestión de biomasa teñen un ámbito municipal e posúen a función prioritaria de protección dos núcleos de poboación, as infraestruturas, os equipamentos sociais, as zonas edificadas, os parques e os polígonos industriais. Na actualidade a información relativa as faixas secundarias de xestión de biomasa está recollida nun plan en sistemas de información xeográfica (SIX) e sobre o mesmo hai que proceder a realización das actualizacións pertinentes para adecualo ao observado e recollido a pe de campo.

Paralelamente a esta situación o Concello de Ames tamén é titular de fincas forestais. A administración ten que ser a primeira en cumprir e respectar a lei, polo que é fundamental que o Concello manteña en excelente estado de xestión a biomasa as súas parcelas, tantos nos terreos forestais como en todas aquelas fincas da súa propiedade, onde exista perigo ou percepción de risco por parte dos veciños e veciñas.

Actualización das faixas secundarias e dun mapa georeferenciado
Polo tanto, o traballo que terá que realizar esta brigada será actualizar as faixas secundarias de xestión da biomasa adaptando estas aos últimos cambios producidos na Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que establece as redes de faixas secundarias de xestión de biomasa como unha das medidas preventivas que faciliten a loita contra o lume. Asemade, estas dúas traballadoras terán que ver as posibles variacións que se produciron dende o ano 2016, momento no que se realizou a última actualización por parte do Concello de Ames.

Deste xeito, terán que levar a cabo unha revisión das faixas arredor dos núcleos de poboación, ao redor de vivendas construcións illadas, revisar o estado dos camiños e vías municipais, e mailo estado no que se atopan as fincas que son propiedade do Concello. Esta brigada estará contratada durante 9 meses, ata o 31 de marzo de 2019. Para desenvolver o seu traballo esta brigada contará cun vehículo todoterreno, un equipo informático equipado co software preciso para o emprego do sistema de información xeográfica do PMDIF de Ames, GPS, e outro tipo de material como desbrozadora, motoserra, etc.

Traballos a desenvolver
En concreto esta brigada encargarase da actualización e adaptación ás modificación introducidas pola lei 9/2017, de 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas na lei de inendios de Galicia, en concreto desenvolveranse a seguintes tarefas: aplicación das novas distancias de plantacións das diferentes especies mencionadas na lei; revisión da peligriosidade das parcelas das faixas secundarias dos 59 ámbitos entorno a núcleos de poboación recollidos no PMDIF de Ames; revisión da peligrosidade das 54 vivendas ou edificación illadas recollida no PMDIF de Ames; e incorporación de novas construcións e vivendas illadas.

Tamén terán que encargarse da incoporación de todo tipo de solo nas faixas de xestión de biomasa; elaboracion de base de datos, segundo modelo acordado; elaboración de planos xeoreferenciados cos resultados e datos obtidos ; elaboracion de planos xeoreferenciados de camiños de titularidade municipal, incorporado datos sobre el estado de transitabilidade dos mesmos; e elaboracion de planos xeoreferenciados de fincas de titularidade municipal, incorporado datos sobre o estado de xestión de biomasa das mesmas.

Plan municipal de prevención de incendios forestais
A través deste traballo, refórzase o Plan municipal de prevención de incendios forestais. Cómpre lembrar que na primeira fase de dito Plan actuouse sobre 37 parcelas no núcleo de Piñeiro, cubrindo un total de 19.374 metros cadrados. O número total de plantas que se lograron establecer na primeira fase foi de 815, gracias aos 37 convenios asinados entre 33 propietarios implicados e o Concello de Ames, cun financiamento do 80% por parte da Administración local nas actuacións de limpeza, tala e plantación. A revisión das plantacións levadas a cabo no ano 2017 deixou un balance moi positivo, cun porcentaxe de éxito no crecemento das árbores do 97,2%.

Na segunda fase do plan repoboouse con 2.000 árbores frondosas unha superficie de 8 hectáreas dos ámbitos 27, correspondente aos lugares de Balindo, Fernande, Vilaverde (pertencentes á parroquia de Piñeiro), e do ámbito 4B nas que están incluídas vivendas e instalacións illadas da contorna da urbanización de Aldea Nova. O plan continuará na anualidade 2018-2019. En Aldea Nova os traballos de plantación remataranse na terceira fase (anualidade 2018-2019). Dende o Concello xa se puxeron en contacto con moitos dos propietarios/as de parcelas situadas en Aldea Nova nas que se actuará durante a vindeira fase deste plan. Tamén algunhas das parcelas de Aldea Nova xa quedaron preparadas para realizar as plantacións.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925