Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas O Pazo da Peregrina...


O Pazo da Peregrina acollerá no mes de setembro a Exposición do XI Certame de artesanía Antonio Fraguas

[24-07-2018] Do 14 de setembro ao 1 de outubro a sala de exposición de do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, acollerá a Exposición do XI Certame de artesanía Antonio Fraguas. Trátase dunha mostra das obras seleccionadas en dito certame de artesanía organizado pola Deputación da Coruña. O galardón, que consta de dúas modalidades (artesanía tradicional e contemporánea) ten como fin pór en valor e axudar a difundir a artesanía de Galicia sendo un referente para todos/as os/as artesáns e artesás galegos/as. A exposición destaca pola gran variedade de disciplinas e modalidades e mestura pezas máis arraigadas con novas creacións, incluso pezas a partir de refugallos. Unha das participantes neste certame foi Ana Rosa Lista, artesá de encaixe e veciña das Punxeiras Altas, Ortoño.

O Concello de Ames e maila Deputación da Coruña colaboran para que do 14 de setembro ao 1 de outubro a Exposición do XI Certame de artesanía Antonio Fraguas poida visitarse no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Trátase dunha mostra das obras seleccionadas en dito certame de artesanía organizado pola Deputación da Coruña. O galardón, que consta de dúas modalidades (artesanía tradicional e contemporánea) ten como fin pór en valor e axudar a difundir a artesanía de Galicia sendo un referente para todos/as os/as artesáns e artesás galegos/as. Unha das participantes neste certame foi Ana Rosa Lista, artesá de encaixe e veciña das Punxeiras Altas, Ortoño.

Nesta edición número once, recibíronse un total de 137 pezas, que destacaron pola gran variedade das disciplinas e modalidades elixidas. Esta gran afluencia de participantes e a diversidade das súas pezas poñen de evidencia que segue a existir unha gran vitalidade, capacidade creativa e rigor profesional na artesanía da nosa provincia. Mestres da cestaría, a escultura, a cerámica, a xoiaría ou a costura, entre moitos outros oficios, converten cada ano o Certame de Artesanía Antonio Fraguas nunha referencia para todos/as os/as artesáns e artesás galegos/as.

Entre as producións presentadas, mestúranse traballos típicos e arraigados nos concellos coruñeses con novas creacións e innovacións, nas que se atopan incluso pezas feitas a partir de materiais de refugallo, que amosan que a artesanía segue a evolucionar e ten unha presenza importante no desenvolvemento da arte contemporánea. Deste xeito, pódense apreciar traballos de xoiaría, cerámica, cestaría, escultura ou costura. Os gañadores desta edición foron: Pablo Carpintero, coa súa “Reprodución funcional da gaita de fol da Cantiga 350 das Cantigas de Sta. María” (categoría Artesanía Tradicional) e Lidia Nieves Domínguez pola obra “Xoguete” (categoría Artesanía Contemporánea).

A concelleira de Turismo, Isabel González, Isabel González, destacou que "o obxectivo da Concellaría de Promoción Económica e Turismo é dar a coñecer e poñer en valor a grande variedade e calidade dos traballos que elaboran tanto artesáns locais, como neste caso Ana Rosa Lista, artesá de encaixe e veciña de Ames, como doutros concellos de Galicia".

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925