Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas As festas de...


As festas de Agrón celébranse os días 10, 11 e 12 de agosto

[08-08-2018] A parroquia de Agrón celebra, como cada ano, as súas tradicionais festas os días 10, 11 e 12 de agosto, que este ano coinciden coa fin de semana. Así, o venres conmemórase o día de San Lourenzo, o sábado o do Santísimo Sacramento e o domingo o de San Roque. Durante os tres días haberá misas cantadas e varias actuacións musicais.

Seguindo coa axenda de festexos que copan o mes de agosto, esta fin de semana celebraranse tanto as festas de Agrón como as da Peregrina. En Agrón comenzarán os festexos o venres, 10 de agosto, ás 13:00 horas cunha misa solemne na honra de San Lourenzo. A continuación, a sesión vermú correrá a cargo do dúo Nueva Era, formación que repetirá na verbena da noite xunto á orquestra Furia Joven.

O sábado, 11 de agosto, terá lugar unha misa na honra do Santísimo Sacramento, mentres que a sesión vermú será amenizada pola banda de gaitas e o grupo de baile Os Castros de Ames. Xa pola noite, as actuacións correrán a cargo do grupo Arena e Disco Glass.

O último día das festas será o domingo, 12 de agosto, no que se conmemora o San Roque. Logo da misa cantada, a orquestra Los Españoles será a encargada da actuación musical tanto durante a sesión vermú como na verbena. Dende a comisión de festas de Agrón animan á veciñanza a participar dos festexos e lembran que o campo da festa contará con cantina e aparcadoiro para deixar os coches.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925