Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas A asociación...


A asociación Terras de Compostela organiza un curso sobre o aproveitamento de iniciativas do rural para fomentar o turismo

[22-09-2018] A Rede Estatal de Desenvolvemento Rural REDER vai levar a cabo no marco do programa Leader 2014-2020 do GDR Terras de Compostela o curso “Aproveitamento de Iniciativas do Rural para Fomentar o Turismo”. Realizarase os días 1, 3, 5, e 10 de outubro, en horario de mañá, de 10.00 a 14.30 horas, e os días 2 e 4 de outubro, en horario de tarde, de 16.00 a 20.30 horas. Asemade, o curso rematará cunha viaxe final de estudos a Taramundi (Asturias). Trátase dun curso gratuíto, que terá unha duración de 32 horas, destinado a poboación activa do territorio que abarca o GDR 19 Terras de Compostela. É necesario inscribirse no número de teléfono 981 81 83 57 ou en info@terrasdecompostela.org. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición.

Co obxectivo de mellorar e incrementar a empregabilidade da poboación activa do territorio que abarca o GDR 19 Terras de Compostela, ponse en marcha o curso “Aproveitamento de Iniciativas do Rural para Fomentar o Turismo”. Tratase dun curso que pretende capacitar aos asistentes nas metodoloxías de traballo de desenvolvemento rural destinadas á revitalización dos municipios rurais, así como relacionar as diferentes iniciativas económicas existentes no territorio do GDR Terras de Compostela co sector turístico. Por último, tamén busca formar aos asistentes sobre experiencias teóricas do desenvolvemento local.

Dito curso impartirase na sede do GDR 19 Terras de Compostela, situada no lugar de Cibrán, en San Xián de Sales, Vedra, durante os días 1, 3, 5, e 10 de outubro, en horario de mañá, de 10.00 a 14.30 horas, e os días 2 e 4 de outubro, en horario de tarde, de 16.00 a 20.30 horas. O curso rematará cunha viaxe final de estudos a Taramundi (Asturias). Trátase dun curso gratuíto, que terá unha duración de 32 horas, destinado a poboación activa do territorio que abarca o GDR 19 Terras de Compostela. Para obter máis información e/ou inscribirse hai que chamar ao número de teléfono 981 81 83 57 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: info@terrasdecompostela.org.

Dende a Concellaría de Promoción Económica e Turismo animan á veciñanza amesá a que se inscriba neste curso e aproveite esta actividade para formarse en iniciativas do rural para fomentar o turismo.

GDR Terras de Compostela
Os concellos de Ames, A Baña, Brión, Boqueixón, Negreira, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra, compoñen e conforman o territorio GDR 19 dentro da Medida Leader 2014-2020. Un grupo de desenvolvemento rural que é xestionado pola asociación Terras de Compostela, responsable tamén de elaborar a estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) do programa LEADER.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925