Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Iníciase a...


Iníciase a licitación das obras de reposición das beirarrúas da rúa Alcalde Lorenzo e de repavimentación da glorieta do Pedregal por 110.217,40 euros

[12-11-2018] A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado, das obras de reposición de beirarrúas na rúa Alcalde Lorenzo e de repavimentación da glorieta do Pedregal, en Bertamiráns. O importe do contrato é dun total de 110.217,40 euros, IVE incluído. Estas actuacións están incluídas no Plan Complementario do POS+ 2018, adicional 1/2018.

No referente á reposición de beirarrúas na rúa Alcalde Lorenzo, preténdese a construción de 1.185 metros cadrados de beirarrúa, dos que 278 metros lineais (105 e 173 metros) serán pola marxe esquerda e 124 metros pola marxe dereita. As obras faranse con bordo prefabricado de formigón e baldosa de formigón vibrado de 60x40x6 centímetros granallada, sobre base de cinco centímetros de zahorra e dez de formigón, incluido mallazo e xuntas de dilatación. Todo elo, previa demolición de bordo, beirarrúas e pavimento existente.

A obra completarase coa retirada e recolocación de farois, sinais e mobiliario existente, así como o pintado de bordo e unha partida para adaptación de pozos e arquetas á nova rasante.

Por outra banda, en canto á repavimentación da glorieta do pedregal, preténdese a mellora da capa de rodaxe da glorieta con seis centímetros de aglomerado en quente nun total de 1.700 metros cadrados de superficie, previo fresado do firme existente. A obra completarase coa sinalización horizontal con pintado de liñas e símbolos, ademais dunha partida para a adaptación de pozos e arquetas á nova rasante.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925