Ayuntamiento de Ames

Menú [Saltar]

Ayuntamiento de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames digital Noticias Participa no...


Participa no obradoiro de elaboración de perfumes da Aula da Natureza

[13-11-2018] A Aula da Natureza acollerá o vindeiro sábado, 17 de novembro, un obradoiro de elaboración de esencias e perfumes. A actividade será dirixida pola enxeñeira técnica agrícola, técnica de xestión medioambiental e consultora internacional para ONU Mulleres, Lidia Rojo. Para participar neste taller, dirixido a maiores de 14 anos, é necesario enviar cuberta a ficha de inscrición dispoñible baixo o apartado de descargas ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal antes das 14.00h do venres.

A Aula da Natureza de Ames organiza unha nova actividade para achegarnos a natureza de forma dinámica e lúdica. Nesta ocasión, trátase dun obradoiro de elaboración de esencias e perfumes, no que os participantes poderán coñecer as esencias, o seu mantemento e como mesturalas para elaborar fragrancias. Ademais, tamén se lles ensinarán as distintas partes da planta que se empregan para extraer aromas e en que consisten as diversas técnicas de destilación.

O taller, que se realizará o sábado, 17 de novembro, en horario de 11.00 a 13.00h nas instalacións da Aula da Natureza, será impartido por Lidia Rojo, enxeñeira técnica agrícola, técnica de xestión medioambiental e consultora internacional para ONU Mulleres. Asemade, este obradoiro está relacionado cun segundo obradoiro que se levará a cabo o sábado, 1 de decembro, e que xirará sobre a elaboración artesanal de xabóns.

Para participar no obradoiro de elaboración de perfumes é necesario enviar cuberta a ficha de inscrición, dispoñible baixo o apartado de descargas, ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal antes das 14.00h do próximo venres.

Aviso legal | Accesibilidad | RSS

© Ayuntamiento de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925