Concello de Ames

Menú [Saltar]

Concello de Ames

[http://www.concellodeames.org]


Inicio Ames dixital Novas Xa podes inscribirte...


Xa podes inscribirte no obradoiro de programación, electrónica e deseño 3D da OMIX

[05-12-2018] A oficina municipal de información xuvenil (OMIX) organiza un novo obradoiro de programación, electrónica e deseño 3D destinado a xoves de maiores de 12 anos. Realizaranse dúas edicións do taller, o primeiro os días 26, 27 e 28 de decembro na Aula de Informática da Casa da Cultura do Milladoiro e un segundo o 2, 3 e 4 de xaneiro na Aula CeMIT da Casa da Cultura de Bertamiráns. Para participar nalgún destes obradoiros é necesario enviar a ficha de inscrición cuberta ao enderezo de correo electrónico omix@concellodeames.gal antes do 18 de decembro.

O mes de decembro chega a Ames con varias novidades formativas e talleres para todas as idades. Para os mozos e mozas, a OMIX organiza dous novos obradoiros de programación, electrónica e deseño 3D, durante os que os participantes aprenderán a programar videoxogos, utilizar tarxetas de microcontroladores e placas de prototipado para ser expertos en electrónica e deseño de pezas imprimibles en 3D mediante o programa TinkerCad.

Con esta iniciativa, a Oficina municipal de información xuvenil busca despertar e fomentar a creatividade da mocidade dunha maneira lúdica,mediante xogos e experimentos, ao tempo que se lle aportan as bases de futuro para que redescubran a ciencia aplicada.

Con este obxectivo, búscase que os mozos e mozas se acheguen ás novas técnicas de robótica educativa, programación e deseño, de fácil aprendizaxe e aplicación, ao tempo que se potencia nos e nas participantes a súa creatividade, autoconfianza, pensamento crítico e razoamento científico fomentando o traballo en equipo.

Para participar nalgún destes obradoiros é necesario enviar a ficha de inscrición cuberta ao enderezo de correo electrónico omix@concellodeames.gal antes do 18 de decembro. Impartiranse dous talleres da mesma temática, o primeiro terá lugar na Aula de Informática da Casa da Cultura do Milladoiro os días 26, 27 e 28 de decembro, mentres que os días 2, 3 e 4 de xaneiro realizarase unha segunda quenda na Aula CeMIT da Casa da Cultura de Bertamiráns. Ambos obradoiros desenvolveranse en horario de 18.00 a 20.00 horas.

Aviso legal | Accesibilidade | RSS

© Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns. Tel: 981 883 002 - Fax: 981 883 925